X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 43 / 132

461 views

0 shares

0 downloads

0 comments

43 / 132

-

Propoñer aos alumnos un sinxelo xogo para refrescar o que estudaron na etapa anterior sobre a función de nutrición. Para comezar, debuxar en cartolina e coloree todos os órganos implicados nesta función. Recortalos, poñelos nunha caixa e preparar outras tantas caixas cos nomes dos aparellos correspondentes: respiratorio, circulatorio, dixestivo e excretor.  

Dividir a clase en grupos de cinco ou seis nenos. Por quendas, os alumnos deberán colocar cada debuxo na caixa do aparello que lle corresponda. Cronometrar o tempo que tarda cada equipo en colocar correctamente todos os órganos. Gañará o grupo que tarde menos tempo.

-

Propoñer unha investigación en grupo sobre a dieta familiar. Cada membro do grupo deberá preguntar aos seus familiares sobre a súa dieta, tomar os datos, agrupalos nun cadro e relacionalos coa idade dos seus familiares e a existencia de posibles causas para que sigan dietas especiais. A continuación, os alumnos do grupo poñerán os seus datos en común e obterán conclusións sobre se a dieta cambia coa idade e sobre se existen enfermidades que requiren un tratamento dietético especial. Avaliar a súa capacidade de traballo en equipo, as súas destrezas científicas á hora de recoller a información e a presentación orixinal dos resultados.

-

Para introducir a lección das páxinas 60 e 61, Alimentación e saúde, pedir aos alumnos que vaian nomeando en voz alta alimentos que consideren importantes e imprescindibles na súa dieta (leite, carne, peixe, froitas, etc.). Explicar que os alimentos nos axudan a medrar, outros nos achegan a enerxía que necesitamos para realizar as nosas actividades… Poñer o seguinte exemplo: a gasolina pode parecer o máis importante para que un vehículo se mova, pero se ao motor lle falta aceite, ou non hai suficiente líquido na batería, non poderá funcionar.

-

Repetir a experiencia anterior, pedindo aos alumnos que nomeen nesta ocasión os alimentos que menos lles gustan ou os que non adoitan comer. Despois, comparar os resultados.

-

Entre as recomendacións para unha dieta saudable menciónase reducir o consumo de doces, pasteis, bebidas con azucre, etc. Explicar aos alumnos que este tipo de alimentos achegan fundamentalmente enerxía ao organismo. Cando esta enerxía non se consome, xa sexa con exercicio físico ou realizando calquera outra actividade, transfórmase en graxa, que se acumula no noso corpo en forma de sobrepeso.

-

Pedir aos alumnos que observen as fotografías da páxina 60. Despois, preguntar:

-

Que alimentos nos achegan enerxía?

-

Que alimentos nos proporcionan vitaminas?

-

Que alimentos debemos consumir en maior cantidade?

-

Propoñer aos nenos que nomeen comidas e alimentos ricos en hidratos de carbono, graxas ou proteínas que formen habitualmente parte da súa dieta.

43

Document info
Document views461
Page views461
Page last viewedThu Dec 08 04:16:14 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments