X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 44 / 132

427 views

0 shares

0 downloads

0 comments

44 / 132

-

Contar aos alumnos que o colesterol é unha substancia que se atopa de xeito natural no noso organismo. É transportado a través do sangue a todas as partes do corpo, e está relacionado, entre outras funcións vitais, por exemplo, coa produción de hormonas. Pero tamén obtemos colesterol a través da dieta, cando comemos produtos de orixe animal, como carne, ovos e produtos lácteos. Os alimentos de orixe vexetal non conteñen colesterol. Un exceso de colesterol no noso sangue pode orixinar moitos problemas de saúde, como arterosclerose, enfermidades cardíacas, etc.

Os altos niveis de colesterol adoitan ir asociados co sobrepeso, problemas os dous que a miúdo comezan na nenez. Os hábitos alimentarios que se adquiren a estas idades marcarán o comportamento ante a comida na idade adulta. O consumo habitual de hamburguesas, bocadillos, doces e outras comidas con demasiadas graxas e proteínas son hábitos alimentarios inadecuados que poden afectar gravemente á nosa saúde. A educación é unha ferramenta indispensable na prevención de futuros trastornos e enfermidades relacionadas coa alimentación.

-

Para introducir a lección das páxinas 62 e 63, O proceso dixestivo, propoña na aula a realización dun modelo de aparello dixestivo con plastilina. Deben utilizar unha cor distinta para cada órgano, de maneira que se poidan distinguir con claridade. Esta actividade permitiralles facerse unha idea máis realista destes órganos e a súa disposición.

-

Explicar aos alumnos que o aparello dixestivo é un tubo longo, cunha serie de glándulas que producen substancias, e cuxa función consiste en triturar os alimentos e separar as substancias que conteñen, recollendo aquelas que necesitamos e rexeitando as que non son útiles. Para realizar esta función é necesario que cada órgano desempeñe un papel concreto.

-

Se o profesor o cre conveniente, realizar a seguinte actividade: botar unha pouca auga nun barreño pequeno. Engadir aceite, ata formar unha capa fina na superficie da auga. A continuación, verter unhas pingas de lavalouza e pedir aos alumnos que describan o que sucede. Explicar que, de forma similar, o estómago e o intestino producen substancias que dividen os alimentos en substancias máis sinxelas.

-

Se o profesor o cre oportuno, pode formular as seguintes preguntas aos alumnos:

-

Cales son as glándulas anexas?

-

Que pasaría se tragasen os alimentos sen mastigalos?

-

Para que serven as pilosidades do intestino?

-

Propoñer aos alumnos que observen a ilustración 1 da páxina 62. Despois, preguntar: Cal é o órgano máis longo do aparello dixestivo? Cal é o órgano máis voluminoso? Onde están situadas as glándulas salivares? Por que ao aparello dixestivo se lle chama tamén tubo dixestivo?

-

Pedir aos alumnos que escriban palabras que pertenzan á familia de alimento.

44

Document info
Document views427
Page views427
Page last viewedMon Dec 05 10:31:50 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments