X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 45 / 132

463 views

0 shares

0 downloads

0 comments

45 / 132

-

Explicar aos alumnos en que consiste a técnica de aprendizaxe de coller apuntamentos.

En ocasións, para comprender unha lección non é suficiente cos contidos do libro do alumno.

As explicacións do profesor completan e clarifican eses contidos, proporcionando exemplos novos e deténdose nos aspectos que presentan maior dificultade para os nenos.

Coller pequenas notas das explicacións durante a clase axudará os alumnos a comprender mellor os contidos e servirá tamén para que estean máis atentos durante a lección, o que facilitará o seu posterior estudo.

Pedir aos alumnos que presten especial atención ás súas explicacións sobre o proceso dixestivo e que collan breves notas. Ao acabar deben repasar as notas que tomaron e decidir se lles achegan algunha información nova e se lles servirán para estudar.

Comprobar que os alumnos comprenderon a utilidade dos apuntamentos como técnica de estudo. Animar a algún deles a explicar en voz alta e coas súas propias palabras o contido dun epígrafe desta lección, axudándose dos seus apuntamentos. Despois, preguntar ao resto de alumnos: Incluíu na súa exposición algún dato ou explicación que non estivese xa no libro? Comprendestes correctamente a explicación do voso compañeiro?

-

Para introducir a lección das páxinas 64 e 65, A respiración e a excreción, pedir aos alumnos que palpen unha vea do seu pulso e localicen o latexo. Despois, invitalos a saltar durante un minuto e a que tomen o seu pulso de novo ao acabar. Deste xeito, comprobarán como se acelerou a súa circulación por efecto do exercicio. Preguntar agora se o exercicio os fixo suar. Indicarlles que a transpiración tamén forma parte da eliminación de refugos do noso organismo.

-

Aproveitar o debuxo dun fol que aparece na páxina 64 para indicar aos alumnos o feito de que non é a entrada e saída do aire nos pulmóns o que orixina que estes se inchen ou se desinchen, senón que se produce xusto ao contrario: os pulmóns ínchanse para obrigar ao aire a entrar neles e desínchanse para expulsalo, unha vez absorbido o osíxeno.

-

Se o profesor o cre conveniente, explicar sobre o esquema 3 da páxina 65 que o sangue chega aos riles a través da arteria renal (tubo pintado en cor vermella) e sae dos riles a través da vea renal (tubo de cor azul).

-

A función que realizan os riles é vital para o noso corpo. Explicar aos alumnos que os riles son uns órganos sumamente eficaces: ata cun só ril que funcione ao 25 por cento da súa capacidade, o organismo é capaz de realizar a función de excreción.

-

Se o profesor o cre conveniente, formular as seguintes preguntas aos alumnos:

-

A que chamamos vías respiratorias?, cales son?

-

Cal é a función dos riles no organismo?

45

Document info
Document views463
Page views463
Page last viewedThu Dec 08 08:47:22 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments