X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 46 / 132

609 views

0 shares

0 downloads

0 comments

46 / 132

-

Para que serve a vexiga?

-

Que é a caixa torácica?

-

Pedir aos alumnos que observen a ilustración 3 da páxina 65. Despois, preguntar:

-

Onde están situados os riles?

-

Que forma ten a vexiga da urina?

-

Que forma teñen os riles?

-

A uretra e os uréteres, son o mesmo?,en que se diferencian?

-

Comentar aos alumnos que a excreción é unha función vital para a vida, xa que as substancias que se eliminan coa urina (provenientes da dixestión e doutras actividades do organismo) poden chegar a ser moi tóxicas se se acumulan no noso corpo. Por iso, cando os riles non son de realizar a súa función adóitase recorrer ao transplante.

O transplante de ril é dos máis habituais, xa que tanto o donante coma o enfermo poden vivir cun único ril.

Con todo, hai casos en que o transplante non é posible e é necesario recorrer a unha máquina que se encargue de substituír os riles, é dicir, que sexa capaz de filtrar as substancias de refugo e eliminalas. A diálise é o que poderiamos chamar un ril artificial. O paciente conéctase durante varias horas ao día á unha máquina, que se encarga de recoller o sangue, filtralo e devolvelo ao organismo.

-

Para empezar a desenvolver a lección das páxinas 66 e 67, A circulación, propoñer aos alumnos que formen parellas e escoiten o corazón do compañeiro. Preguntarlles en que parte do corpo teñen que poñer a orella para escoitar o corazón. Despois, pedirlles que conten as veces que latexa o corazón do compañeiro durante un minuto.

-

Antes de comezar a estudar A circulación é conveniente resaltar o feito de que esta función se realiza de xeito constante por todo o noso corpo, e que garda relación con todos os órganos e coas outras funcións vitais que realizamos.

-

Os alumnos adoitan comprender a diferenza entre arterias e veas. Con todo, o concepto de capilares cústalles máis. Explicar que os capilares son como as veas pero moito máis finos. Atópanse por todas partes do corpo e encárganse de que o sangue chegue ata o último recuncho e ata a última célula.

-

Explicar que a función do plasma consiste en transportar as substancias alimenticias e de refugo. Só o osíxeno e o dióxido de carbono son transportados por células.

-

Preguntar:

-

Que é a circulación sanguínea?

-

En que se diferencian os glóbulos vermellos dos brancos?

-

Cal é a diferenza entre o sangue que sae do corazón polas arterias pulmonares e a que volve a el polas veas cavas?

46

Document info
Document views609
Page views609
Page last viewedSun Jan 22 12:57:40 UTC 2017
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments