X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 47 / 132

399 views

0 shares

0 downloads

0 comments

47 / 132

-

Propoñer aos alumnos a realización dunha maqueta do corazón utilizando diversos materiais (porespán, papel engurrado e mollado, etc.). Os alumnos deberán reflectir as cavidades do corazón e a posición das veas e arterias.

-

Repetir o experimento de tomar o pulso. Explicar que o habitual é contar os latexos que se producen durante dez segundos e multiplicar esa cifra por seis. Así, obterán o número de pulsacións por minuto.

-

Contar aos alumnos que Miguel Servet naceu en Villanueva de Sijena, Huesca, no ano 1511. Sendo adolescente abandonou España e marchou a Francia, onde realizou estudos de Teoloxía, Dereito e Medicina.

Como outros homes da súa época, Servet estivo interesado en moitas disciplinas distintas e destacou en todas elas, aínda que os seus contemporáneos afirmaban que de ter menos intereses lograría maiores descubrimentos. Tiña, ademais, un don para as linguas, e escribía e falaba en varios idiomas: latín, grego, hebreo, español, francés, italiano e alemán.

Servet chegou a ser un médico reputado e pasou á historia como o descubridor da dobre circulación do sangue, a xeral e a pulmonar.

O seu descubrimento foi moi peculiar, xa que non o levou a cabo tras un gran período de estudo ou investigación, senón dun xeito intuitivo e baseándose en conceptos filosóficos e relixiosos.

A relixión marcou en moitos sentidos a vida deste home, que foi condenado pola Inquisición á idade de 20 anos, e morreu queimado na fogueira no ano 1553.

-

Propoñer aos alumnos que realicen a seguinte experiencia.

Con esta actividade os alumnos terán a posibilidade de observar como funciona o aparello respiratorio e repasarán ademais que órganos o forman.

Materiais:

-

Unha xiringa desbotable de plástico.

-

Un globo.

-

Unha cortiza do mesmo grosor que a xiringa.

-

Un tubiño de plástico transparente (pode servir o dun bolígrafo).

Procedemento:

1.

Indicar aos alumnos que corten a base da xiringa.

2.

Introducir o globo pola parte recortada, de maneira que a súa boca quede dobrada cara a fóra, asome e se axuste polos bordos da xiringa.

3.

Perforar a cortiza polo centro e encaixar no oco o anaco de bolígrafo.

4.

Axustar a cortiza á xiringa.

Ao finalizar, poderán comprobar que ao tirar e introducir o émbolo se reproducen os procesos de ventilación pulmonar, inspiración e expiración, respectivamente.

-

Antes de realizar as actividades das páxinas 70 e 71, recordar cos alumnos as ideas principais que se traballaron na unidade. O profesor pode ditalas para que os alumnos as copien nos seus cadernos. Por exemplo:

47

Document info
Document views399
Page views399
Page last viewedFri Dec 02 09:30:31 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments