X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 48 / 132

412 views

0 shares

0 downloads

0 comments

48 / 132

-

Os nutrientes son aqueles compoñentes dos alimentos que necesitamos para vivir. Os máis importantes son: hidratos de carbono, graxas e proteínas.

-

Unha dieta completa e equilibrada debe proporcionarnos os nutrientes que necesitamos nas cantidades adecuadas.

-

O proceso dixestivo transforma os alimentos en substancias e nutrientes que o noso corpo pode asimilar. Consta de tres fases: dixestión, absorción e eliminación de refugos.

-

A respiración consiste na obtención de osíxeno do aire e a expulsión de dióxido de carbono.

-

O aparello excretor encárgase da expulsión dos refugos que se atopan no sangue. Os seus principais órganos son os riles.

-

A circulación do sangue permite o transporte por todo o noso corpo dos nutrientes, o osíxeno e as substancias de refugo.

-

Realizar unha posta en común con todos os alumnos sobre os contidos desta unidade. Utilizar as opinións que expresen os alumnos para avaliar o nivel de interese que espertou neles o tema da nutrición. As preguntas para a posta en común poden ser as seguintes:

-

Que órganos do corpo non coñeciades antes de estudar esta unidade?

-

Que vos chamou máis a atención do estudado e por que?

-

Da función de nutrición, que é o que vos pareceu máis sorprendente?

-

Que ides facer para non esquecer o aprendido?

-

Propoñer aos alumnos xogar a facer a compra. O obxectivo do xogo é comprobar que aprenderon os alumnos sobre como elaborar unha dieta equilibrada. Para comezar, é necesario dividir a clase en grupos duns cinco alumnos. Cada grupo debe deseñar un menú, que inclúa o almorzo, a comida (primeiro prato, segundo prato e sobremesa) e a cea. En función do menú elixido, deberán escribir a súa propia lista da compra. O profesor será quen xulgue que menús son os máis completos e equilibrados.

Antes de comezar, recordar aos alumnos algúns pequenos consellos: deben incluír pratos sinxelos que non lles obriguen a elaborar unha lista demasiado longa; sempre que sexa posible, empregar produtos xenéricos, que non teñan marca ou que se poidan atopar en moitas marcas distintas (arroz, fariña, etc.); seleccionar aqueles produtos co empaquetado máis sinxelo e fuxir dos demasiado embalados e que se venden un e un (como a froita comprada ao peso fronte á que se vende en bandexas cunha ou dúas pezas).

Por último, comentar aos nenos que ao facer a compra de verdade hai outro factor importante que considerar: mirar sempre a data de caducidade dos produtos.

Actividades específicas para o desenvolvemento de hábitos e valores:

Educación para o consumidor

48

Document info
Document views412
Page views412
Page last viewedSat Dec 03 23:03:50 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments