X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 5 / 132

485 views

0 shares

0 downloads

0 comments

5 / 132

-

Por que se encontra en perigo de extinción.

-

Medidas de protección.

-

Aproveitar o apartado Falamos da páxina 11 para traballar a autoestima cos alumnos. Este tipo de actividades, nas que os alumnos teñen que expresar as súas preferencias, son idóneas para potenciar o coñecemento que teñen sobre si mesmos. Con autoestima os alumnos percíbense de forma positiva; confían nas súas propias aptitudes e habilidades; son conscientes da influencia do seu esforzo nas situacións de éxito e controlan os seus sentimentos nas situacións de frustración.

-

Unha forma de comezar a unidade é invitar á clase a un biólogo (ou a un veterinario…) para que conte aos nenos peculiaridades e características da súa profesión: que hai que facer para ser biólogo, cal é o obxecto de estudo da Bioloxía, que ferramentas ou instrumentos utilizan na súa profesión, como nos beneficiamos todos do traballo dos biólogos…

Se é posible realizar unha visita a un xardín ou a un parque e pedir aos alumnos que anoten nunha folla do caderno todos os seres vivos e non vivos que poidan observar. Despois, propoñerlles que indiquen, por grupos, as diferenzas que aprecian entre os seres vivos e non vivos que observen. Así mesmo, suxerirlles que clasifiquen eses seres vivos en plantas e animais.

-

Para activar os coñecementos previos que os alumnos teñen a lección Como son os seres vivos das páxinas 12 e 13, o profesor pode formularlles preguntas como as seguintes: Que é un ser vivo? Que cousas poden facer os seres vivos que os inertes non poden?

-

Pedir aos alumnos que observen a ilustración 4 da páxina 13. A continuación, formularlles a seguinte situación: “Que pasaría se destruísemos os ovos de avestruz?”. Dar uns minutos para que os nenos reflexionen e, despois, pedirlles que expresen as súas opinións.

-

No desenvolvemento do epígrafe 4 da páxina 13, A función de relación, sería conveniente aclarar aos alumnos que as plantas, malia vivir fixas ao chan, tamén realizan a función de relación. As plantas, como todos os seres vivos, son capaces de captar información do seu medio e responder adecuadamente. Por exemplo, os xirasoles dirixen a súa flor cara a onde hai máis luz.

-

Propoñer aos alumnos que expliquen as diferenzas entre as seguintes parellas de termos.

-

Ser vivo e ser inerte.

-

Relación e reprodución.

-

Nutrición e alimento.

-

Pedir aos alumnos que observen as fotografías das páxinas 12 e 13. Despois, preguntar:

5

Document info
Document views485
Page views485
Page last viewedFri Dec 09 18:09:24 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments