X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 51 / 132

405 views

0 shares

0 downloads

0 comments

51 / 132

METODOLOXÍA

Proceso de ensinanza e aprendizaxe:

Nas páxinas iniciais da unidade 6 o proceso comeza coa lectura en grupo do texto Rafting, aventura na auga. A continuación, suscítanse dúas actividades: na primeira aparecen varias preguntas sobre a lectura; e na segunda proponse unha actividade oral que pretende comprobar como se expresan os alumnos e como mostran as súas opinións. Ao final desta dobre páxina, no apartado Informámonos, preséntanse os conceptos principais que se van estudar.

Nas páxinas de información: A materia e as súas propiedades, Os cambios da materia e Os cambios de estado o proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo sobre unha serie de breves bloques informativos onde se presenta claramente a información, tanto de xeito escrito coma gráfico. Ao final de cada un destes bloques inclúese un pequeno resumo e, a continuación, cuestións para que os alumnos repasen os conceptos máis importantes tratados nestas páxinas.

Tras as páxinas de contidos propóñense actividades para reforzar a comprensión dos coñecementos adquiridos, e outras teñen como obxectivo aplicar os contidos a situacións próximas á realidade do alumno. Na primeira páxina de actividades, estas clasifícanse nos apartados Comprender, Razoar e Aplicar. Na segunda páxina de actividades preséntase o apartado Saber facer, Opinar, onde se inclúe a actividade de carácter procedemental Calcular masas e volumes.

Como peche da unidade 6 suscítase outra dobre páxina de actividades baixo o título Aprendín. Estas actividades divídense en varios tipos:

-

Un esquema sobre a materia mediante o cal se organizan os coñecementos.

-

Varias cuestións cuxo obxectivo é reforzar aqueles contidos da unidade que todos os alumnos deben coñecer.

-

O apartado Infórmome e falo, onde os alumnos deben realizar unha exposición sobre o funcionamento das salinas.

-

O breve texto A reciclaxe, dentro do apartado O mundo que queremos, onde se facilita a autorreflexión dos alumnos sobre os seus comportamentos e actitudes.

Suxestión de temporalización:

2.ª e 3.ª semana de xaneiro.

51

Document info
Document views405
Page views405
Page last viewedSat Dec 03 02:24:58 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments