X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 52 / 132

424 views

0 shares

0 downloads

0 comments

52 / 132

Recursos:

-

Coñecemento do medio 5.

-

Guía didáctica de Coñecemento do medio 5.

-

Fichas 13 e 14 de reforzo.

-

Ficha 6 de ampliación.

-

Ficha 6 de control.

-

Recursos na rede:

-

A materia que nos rodea.

http:roble.pntic.mec.es~csotomateria.htm

Definición, formas de presentarse e clasificación da materia, con multitude de exemplos gráficos.

-

Cambios na materia.

http:icarito.latercera.clenc_virtualc_natindex6.htm

Portal educativo con multitude de artigos relacionados coa materia.

-

Tarefas de Ciencias Naturais.

-

Materia e enerxía.

-

Novo dicionario da lingua galega.

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

-

Tras a lectura da páxina 73, preguntar aos alumnos que outros fenómenos meteorolóxicos, ademais das nevadas, coñecen. Pedirlles que os vaian enumerando e que mencionen o estado en que se atopa a materia en cada un deles, así como os cambios de estado que se producen.

-

Se o profesor o cre conveniente, preguntar aos alumnos se saben que é o rafting e se algún deles practicou ou viu practicar este deporte. En caso negativo, explicarlles que se trata dun deporte que consiste en descender, a bordo dunha balsa pneumática, as augas dun río de montaña.

-

Pedir aos alumnos que centren a súa atención na fotografía da páxina 73 e que digan os estados da materia que poden identificar nela. Os nenos recoñecerán a auga en estado líquido e o xeo e a mesma flor en estado sólido. Recordarlles que arredor da planta hai aire en estado gasoso.

-

Invitar os nenos a observar ao seu arredor e a mirar os obxectos que os rodean desde o punto de vista científico, comprendendo que todo canto perciben cos seus sentidos é materia, incluído o aire que os rodea.

52

Document info
Document views424
Page views424
Page last viewedSun Dec 04 21:39:00 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments