X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 53 / 132

515 views

0 shares

0 downloads

0 comments

53 / 132

-

Pedir aos alumnos que identifiquen na fotografía da páxina 72 materiais coas seguintes calidades:

-

Transparente.

-

Fráxil.

-

Duro.

-

Brillante.

-

Resistente.

-

Outra forma de introducir esta unidade é formar grupos de catro alumnos. A continuación, escribir no encerado palabras clave da unidade, como masa, volume, densidade, sólido, líquido, homoxéneo, heteroxéneo, evaporación, sublimación… Cada un dos grupos escollerá catro desas palabras e escribirá o concepto e o seu significado en cadansúa ficha.

Unha vez rematen, os alumnos lerán as súas fichas, corrixiranas entre todos e pegaranas nas paredes da aula, co fin de que cando saian eses termos ao longo da unidade poidan recordar o que significan.

-

Realizar cos alumnos un pequeno xogo con ritmo. Pedirlles que vaian mencionando obxectos ou materiais en estado sólido, líquido e gasoso alternativamente, seguindo un ritmo que toda a clase debe marcar con palmadas.

Seralles moi fácil dar con obxectos sólidos sen perder o compás, pero os líquidos e sobre todo os gases causarán algún atranco.

-

Para introducir a lección das páxinas 74 e 75 A materia e as súas propiedades, propoñer aos alumnos a seguinte situación: imaxinade que entrades nunha tenda de ultramarinos e queredes comprar algo, como llo pediriades ao dependente? Cada alumno mencionará un produto e o xeito en que o pediría; desta forma, seguro que dirán unidades de masa. Por exemplo, 100 gramos de pemento.

-

A propósito da diversidade da materia, páxina 74, explicar aos alumnos que todo (eles mesmos, o encerado, o aire que respiran, a cadeira na que se sentan, etc.) está formado polos mesmos átomos. A diferenza entre unha materia e outra radica nas diferentes combinacións dos átomos.

-

A densidade é a propiedade da materia menos intuitiva para os alumnos. A densidade é a relación entre a masa e o volume. Así, se hai moita masa en pouco volume, a densidade é alta. Unha boa forma de explicar a densidade é debuxar no encerado dous cubos coas mesmas dimensións e pedir aos alumnos que imaxinen un cubo cheo de migas de pan e outro cheo de gomas de borrar. Este cubo é máis denso porque ten máis masa no mesmo volume.

-

Preguntar aos alumnos:

-

Que unidade se utiliza para medir a masa dun corpo?, e para medir o seu volume?

-

Como se calcula a densidade dun corpo?

53

Document info
Document views515
Page views515
Page last viewedMon Jan 16 11:05:08 UTC 2017
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments