X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 54 / 132

646 views

0 shares

0 downloads

0 comments

54 / 132

-

Pedir aos alumnos que observen as fotografías da páxina 74 e enumeren diversas substancias que se poden atopar habitualmente na cociña indicando de que tipo é: pura ou mestura, e o tipo de mestura.

-

Pedir aos alumnos que observen o debuxo da páxina 75 e que indiquen se as seguintes frases son correctas:

-

A culler ten menos masa que o envase de tetra brik. (V)

-

O envase de tetra brik ocupa máis volume ca o cubo. (F)

-

A culler ten a mesma masa ca o cubo. (F)

-

Explicar aos alumnos que é moi importante saber multiplicar e dividir por dez, cen e mil para realizar con eficacia os cambios de unidades. Por iso, poñer exercicios nos que os alumnos teñan que realizar estas operacións.

-

Explicar aos alumnos que, tras séculos de observación e traballo científico, o home chegou á conclusión de que toda a materia que nos rodea está formada por átomos.

Átomo é unha palabra que vén do grego e que significa literalmente «indivisible», e de feito é a parte máis pequena de materia que se pode obter, conservando as súas propiedades. Aínda que non é certo que sexa indivisible, o átomo está formado á súa vez por outras partículas aínda máis pequenas, as chamadas partículas subatómicas, pero estas non conservan xa as características do elemento ao que pertencen.

Os elementos puros están formados por unha soa clase de átomos. Existen algo máis de cen tipos de átomos diferentes, é dicir, cen elementos puros.

O científico ruso Mendeleiev foi quen os ordenou por primeira vez  nunha táboa, a Táboa Periódica, de tal xeito que os elementos con propiedades químicas semellantes aparecen na mesma columna.

-

Os alumnos coñecen xa a diferenza entre cambio químico e cambio físico. Para introducir a lección das páxinas 76 e 77, Os cambios da materia, pedirlles que investiguen os cambios da materia que suceden ao seu arredor, tanto físicos coma químicos: o gas do acendedor, a xeada que se forma sobre os cristais dos coches, a froita cando bota mofo...

-

Unha forma práctica para que os alumnos comprendan os cambios físicos da materia é poñer exemplos. Así, cando se pinta un mural nunha parede, esta segue sendo a mesma. Se mesturamos aceite e vinagre, estas dúas substancias seguen sendo as mesmas. Ao quentar unha variña de metal, esta dilátase, é dicir, aumenta a súa lonxitude e o seu grosor; ao arrefriarse, recupera as súas dimensións orixinais.

Facer o mesmo con respecto aos cambios químicos da materia. Explicar que as persoas realizamos moitos cambios químicos para obter novas substancias e produtos útiles. Por exemplo, ao queimar azucre, este convértese en caramelo, que se emprega para a elaboración de doces. O mesmo ocorre co pan, o queixo ou a callada.

-

Se o profesor o cre oportuno, despois de ler a lección das páxinas 76 e 77, Os cambios da materia, pode formular as seguintes preguntas:

54

Document info
Document views646
Page views646
Page last viewedWed Jan 25 03:05:08 UTC 2017
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments