X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 55 / 132

502 views

0 shares

0 downloads

0 comments

55 / 132

-

Por que dicimos que a rotura dun cristal é un cambio físico?

-

Cal é o cambio químico que máis a miúdo podes observar?

-

Que tipo de cambio se produce cando se consome un misto?

-

Suxerir aos alumnos a elaboración dun mural, con debuxos e fotografías, no que reflicten os distintos cambios da materia: movemento, dilatación, oxidación, putrefacción, etc.

-

Explicar aos alumnos a técnica de aprendizaxe consistente en subliñar de distintas formas.

Contarlles que, á hora de estudar, é importante xerarquizar os contidos, o que significa distinguir que conceptos son os máis importantes e cales son os secundarios.

Para iso, convén empregar un código que nos permita diferencialos dunha soa ollada. Por exemplo, pódese subliñar utilizando distintas cores. Así, para subliñar a idea xeral pódese utilizar un dobre trazo vermello; para as ideas principais, un trazo sinxelo vermello; para as ideas secundarias, cor azul; e para os detalles, unha liña descontinua azul.

Realizar unha lectura colectiva do epígrafe 2 da páxina 76, Os cambios físicos, e pedir aos alumnos que subliñen con cores diferentes a idea principal e as secundarias. Despois, invitar a algúns alumnos a que mostren os seus textos e corrixilos entre todos.

Ao final da práctica, propoñer unha posta en común en que os alumnos reflexionen sobre a utilidade desta técnica. Guiar os seus comentarios con preguntas como: Por que é interesante utilizar distintas cores para subliñar?, para que tipo de temas pode ser útil?, é máis fácil repasar un tema subliñando con distintas cores?, por que?

-

Para empezar o desenvolvemento da lección das páxinas 78 e 79, Os cambios de estado, pedir aos alumnos que expliquen como cambia unha paisaxe de montaña ao longo das estacións. Dirixir a descrición cara aos estados en que se atopa a materia e os cambios de estado que se producen ao longo do ano. Preguntar tamén que é o que provoca eses cambios de estado e se son reversibles ou non.

-

Preguntar aos alumnos de onde veñen o orballo ou a xeada que aparece no campo pola mañá. Explicar logo que tanto a auga do orballo coma a da xeada proceden do vapor de auga que contén o aire. En función da temperatura, o vapor de auga convértese en auga líquida (orballo) ou en auga sólida (xeada).

-

Os alumnos xa estudaron os cambios de estado. Pero moitos non saben que pasa, por exemplo, cando se evapora a auga dun charco ou se seca a roupa. Comentar que a materia non desaparece nestes cambios de estado, senón que o líquido se transforma nun gas que non pode percibirse e que se disolve no aire. Poñer algún exemplo que sirva para mostrar que o aire ten vapor de auga disolto.

-

Se o profesor o cre conveniente, formular as seguintes preguntas:

-

Que é un cambio de estado?

-

Como se producen os cambios de estado?

-

Que tipos de cambios de estado hai?

55

Document info
Document views502
Page views502
Page last viewedSat Dec 10 21:28:44 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments