X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 56 / 132

403 views

0 shares

0 downloads

0 comments

56 / 132

-

Realizar a seguinte experiencia en clase. Coller tres panos de papel e botar en cada un deles unha pinga de auga, unha pinga de alcohol e unha pinga de acetona, respectivamente. Despois, preguntar:

-

Que sucede ao cabo dun tempo?

-

Que líquido se evapora máis axiña?, por que?

-

Pedir aos alumnos que copien o primeiro parágrafo do epígrafe 3 da páxina 79, Características dos cambios de estado, sinalando nel os pronomes persoais que atopen. Despois, invitalos a substituír os suxeitos das oracións polos pronomes persoais adecuados.

-

Contar aos alumnos que o astrónomo e físico italiano Galileo Galilei (1564-1642) está considerado como o pai da ciencia moderna, xa que foi o primeiro que empregou o método científico, é dicir, o método experimental: calquera cousa que se afirma no terreo da ciencia debe ser verificada pola experiencia.

Galileo foi un gran inventor, que ideou entre outros aparellos o telescopio. Tamén foi o creador do primeiro termómetro. O seu instrumento estaba formado por unha bóla oca de vidro cun tubo conectado a ela. No interior da bóla e do tubo había aire, que se expandía ao ser quentado. O extremo do tubo somerxíase nun recipiente cheo de auga coloreada. Cando se apoiaba a man ou calquera obxecto quente na bóla, o aire contido no seu interior quentábase e expandíase, empuxando a auga do tubo cara abaixo. O cambio de altura na auga do tubo indicaba o quentamento do aire.

Este termómetro era moi pouco preciso, pero a idea en que se basea, a dilatación dos corpos ao quentarse, conduciu ao desenvolvemento dos actuais termómetros, moito máis exactos e elaborados.

-

Propoñer aos alumnos a seguinte experiencia de cálculo de densidades.

Recordarlles que a densidade dun corpo é a relación que existe entre a súa masa e o seu volume. Calculala é moi sinxelo.

Materiais:

-

Bólas de diferentes materiais: cristal, ferro, chumbo, aluminio, plástico, papel, etc.

-

Pequenos obxectos de materiais distintos: un lapis, diversas pedras, un xoguete de madeira…

-

Probeta graduada, balanza e calculadora.

Procedemento:

1.

Para calcular a súa densidade, é necesario saber o volume destes obxectos. Para facelo, indicar aos alumnos que sigan o procedemento que se detalla no epígrafe Saber Facer da páxina 81, empregando a probeta graduada ou o vaso de medir.

2.

Calcular a masa dos distintos obxectos pesándoos na balanza.

3.

Dividir a masa de cada obxecto polo seu volume. O valor obtido será a densidade.

56

Document info
Document views403
Page views403
Page last viewedSat Dec 03 00:59:16 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments