X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 57 / 132

492 views

0 shares

0 downloads

0 comments

57 / 132

-

Antes de realizar as actividades do apartado Aprendín das páxinas 82 e 83, recordar cos alumnos as ideas principais que se traballaron na unidade. Se o profesor o considera conveniente, pode ditalas para que as copien nos seus cadernos. Por exemplo:

-

Todos os corpos sólidos, líquidos e gasosos están feitos de materia. A materia está formada por átomos.

-

As propiedades xerais da materia son a masa e o volume; as propiedades características son o brillo, a densidade, a cor, o olor, etc.

-

A materia pode sufrir cambios químicos e físicos. Cambios físicos son a fragmentación, a dilatación, o movemento ou os cambios de estado. Cambios químicos son a oxidación, a combustión ou a putrefacción.

-

Os sólidos teñen forma e volume constantes; os líquidos teñen volume constante e forma variable; e os gases teñen forma e volume variables.

-

Os cambios de estado prodúcense quentando ou arrefriando os corpos. Os máis importantes son: fusión, que é o paso de sólido a líquido; solidificación, o paso de líquido a sólido; vaporización, o paso de líquido a gas; condensación, o paso de gas a líquido; e sublimación, que é o paso de sólido a gas.

-

Dividir a clase en tres grupos. Cada grupo dedicarase a un proxecto: a materia e as súas propiedades, os cambios da materia e os cambios de estado. Suxerir aos alumnos que realicen unha colaxe imaxinativa na cal se resalte o aprendido de xeito visual mediante debuxos, fotografías, recortes, pezas de obxectos… Cada grupo presentará a súa colaxe ao resto dos alumnos e estes deberán explicar o que ven. Ao final, facer as seguintes preguntas:

-

Que vos gustou máis desta unidade?

-

Lembrades as ideas principais da unidade?

-

Que descubristes?

-

Realizar cos alumnos a seguinte experiencia para medir a masa, o volume e a densidade.

Materiais:

-

Un acuario con auga.

-

Pelotas de distintos materiais: plástico, tenis, aceiro, etc.

-

Balanza e regra.

Procedemento:

1.

Agrupar as esferas pola súa masa. Utilizar a balanza para facelo.

2.

Tras medilas coa regra, agrupalas por tamaño en grandes e pequenas.

3.

Calcular a densidade de cada material.

4.

Ir probando no acuario todos os materiais, anotando cales flotan e cales non.

5.

Por último, completar un cadro como o seguinte:

CORPO

MASA (g)

TAMAÑO

FLOTA (si/non)

DENSIDADE

Pelota de plástico

Pelota de

57

Document info
Document views492
Page views492
Page last viewedSat Dec 10 07:49:57 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments