X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 6 / 132

437 views

0 shares

0 downloads

0 comments

6 / 132

-

Que seres vivos se poden ver nas fotografías?, e que seres inertes?

-

Cales poden desprazarse?

-

En que se parece a planta da fotografía 1 ao esquío da fotografía 2?

-

Propoñer aos nenos elaborar listas con exemplos de seres vivos que se poidan encontrar no xardín, no patio ou noutro recinto do centro escolar. Despois facer unha posta en común, para comparar e corrixir entre todos as listas que realicen.

-

Formar grupos de tres alumnos e pedirlles que reflexionen sobre a seguinte situación: «Se encontrásemos un ser que se reproduce, pero non pode alimentarse nin relacionarse co seu medio, considerariámolo un ser vivo?, por que?». Despois, animar a cada grupo a que expoña as conclusións ás que chegue.

-

Tras o desenvolvemento da dobre páxina 12 e 13 comentar aos alumnos que o termo biodiversidade fai referencia á cantidade de especies de seres vivos diferentes que habitan nun territorio. No caso da Terra no seu conxunto, esa cantidade aínda non está determinada. De feito para algúns científicos existen uns tres millóns de especies, mentres que outros elevan esa cantidade aos dez millóns. No que si está de acordo toda a comunidade científica é en que, tendo en conta os seres que viviron no pasado e xa se extinguiron (como os dinosauros), o número de especies diferentes que habitaron sobre a Terra podería ascender a cen millóns.

-

Contar aos alumnos como dato curioso que, en moitas ocasións, os animais utilizan todo o seu corpo para comunicarse cos seus conxéneres. As aves son mestras nesta técnica. Por exemplo, para emparellarse, os machos exhiben as mellores cores da súa plumaxe e realizan unha serie de movementos para impresionar á súa futura parella. É o que se chama danzas de cortexo. Se teñen éxito, as femias corresponderalles uníndose á danza. Estes bailes poden ir acompañados de cantos especiais cuxo fin é chamar a atención da femia e comunicar aos demais machos que non se acheguen a ela.

-

Antes de iniciar a lección da páxinas 14 e 15, Organización interna dos seres vivos, repasar os coñecementos adquiridos o curso pasado. Para iso pedir aos alumnos que completen a seguinte táboa.

Aparellos do corpo humano

Función que realizan

Órganos que o forman

Aparello locomotor.

Permite o movemento do corpo.

Músculos e ósos.

Aparello dixestivo.

Aparello respiratorio.

Aparello circulatorio.

Aparello excretor.

Aparello reprodutor.

6

Document info
Document views437
Page views437
Page last viewedMon Dec 05 20:57:31 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments