X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 60 / 132

449 views

0 shares

0 downloads

0 comments

60 / 132

METODOLOXÍA

Proceso de ensinanza e aprendizaxe:

Nas páxinas iniciais da unidade 7 o proceso comeza coa lectura en grupo do texto O planeta azul. A continuación, propóñense dúas actividades: na primeira aparecen varias preguntas sobre a lectura; e na segunda proponse unha actividade oral que pretende comprobar como se expresan os alumnos e como mostran as súas opinións. Ao final desta dobre páxina, no apartado Informámonos, preséntanse os conceptos principais que se van estudar.

Nas páxinas de información: A atmosfera, A hidrosfera, A xeosfera e Os cambios da superficie terrestre o proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo sobre unha serie de breves bloques informativos onde se presenta claramente a información, tanto de xeito escrito coma gráfico. Ao final de cada un destes bloques inclúese un pequeno resumo e, a continuación, cuestións para que os alumnos repasen os conceptos máis importantes tratados nestas páxinas.

Tras as páxinas de contidos propóñense actividades para reforzar a comprensión dos coñecementos adquiridos, e outras que teñen como obxectivo aplicar os contidos a situacións próximas á realidade do alumno. Na primeira páxina de actividades, estas clasifícanse nos apartados Comprender, Razoar, Aplicar e Opinar. Na segunda páxina de actividades preséntase o apartado Saber facer, onde se inclúe a actividade de carácter procedemental Construír un modelo.

Como peche da unidade 7 suscítase outra dobre páxina de actividades baixo o título Aprendín. Estas actividades divídense en varios tipos:

-

Un esquema sobre o planeta Terra mediante o cal se organizan os coñecementos.

-

Varias cuestións cuxo obxectivo é reforzar aqueles contidos da unidade que todos os alumnos deben coñecer.

-

O apartado Infórmome e escribo, onde os alumnos deben elaborar un póster sobre o ciclo da auga.

-

O breve texto Menos fumes, dentro do apartado O mundo que queremos, onde se facilita a autorreflexión dos alumnos sobre os seus comportamentos e actitudes.

Suxestión de temporalización:

4.ª semana de xaneiro e 1.ª semana de febreiro.

60

Document info
Document views449
Page views449
Page last viewedWed Dec 07 12:39:32 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments