X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 62 / 132

488 views

0 shares

0 downloads

0 comments

62 / 132

-

A auga do mar.

-

Aproveitar que no texto que abre a unidade (páxina 85) se fala da figura de Yuri Gagarin para transmitir aos alumnos a necesidade de realizar as súas tarefas con enerxía e entusiasmo. Explicarlles que as persoas enérxicas e entusiastas son as que se senten impulsadas a actuar e a transformar a realidade, e que grazas a elas o mundo progresou.

-

Para estimular e espertar este tipo de actitudes nos alumnos o profesor pode, entre outras cousas, suscitarlles retos creativos, facerlles sentir que son protagonistas das súas propias aprendizaxes, e animalos a participar de forma activa e positiva nas actividades que se vaian suscitando na aula.

-

Os alumnos xa coñecen de cursos anteriores o ciclo da auga. Por iso, para introducir esta unidade dunha forma diferente, o profesor pode propoñerlles que, por grupos, escriban unha obra teatral con monicreques representada por unha pinga de auga.

Os monicreques pódenos confeccionar con calcetíns, cartolina, anacos de tea ou doutro material fácil de traballar.

Despois de escribir os textos e elaborar os monicreques, cada grupo representará na clase a súa particular forma de ver e entender o ciclo da auga na natureza.

-

Outra forma de introducir o tema desta unidade é proxectar unha película. Son moitos os filmes cuxa temática xira en torno a catástrofes naturais. Por exemplo, Twister, Terremoto ou Viaxe ao centro da Terra, baseada na novela de Jules Verne.

-

Para introducir a lección das páxinas 86 e 87, A atmosfera, comentar algunha noticia recente sobre unha catástrofe relacionada cos fenómenos atmosféricos (por exemplo, un furacán). Por medio desta conversación, estimular aos alumnos para que describan distintos fenómenos atmosféricos: unha tormenta, as choivas máis fortes que vivisen, unha nevada, un temporal de vento, etc.

-

Para detectar as ideas que os alumnos teñen sobre algúns dos conceptos que aparecen nas páxinas 86 e 87, pedirlles que, nunha folla de papel, contesten brevemente ás seguintes preguntas: Que é a atmosfera?, de que está composta a atmosfera?, que son os fenómenos atmosféricos? Recoller as follas, introducilas nunha carpeta e explicar que ao final da lección comprobarán entre todos se as súas respostas foron correctas.

-

Se o profesor cre conveniente, explicar a importancia da atmosfera para os seres vivos, pois o seu papel protector e amortecedor de temperaturas garante a continuidade da vida no planeta. O seu contido en osíxeno, por exemplo, débese á intensa actividade fotosintética das algas e das plantas. E, á súa vez, ese contido posibilita a existencia da inmensa maioría dos seres vivos.

62

Document info
Document views488
Page views488
Page last viewedFri Dec 09 23:40:26 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments