X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 63 / 132

477 views

0 shares

0 downloads

0 comments

63 / 132

-

Preguntar aos alumnos:

-

Que é a atmosfera?, e o aire?

-

Cal é o gas máis importante que contén a atmosfera?

-

Que tipo de precipitacións se poden observar nas fotografías da páxina 87?

-

Houbo esta semana precipitacións deste tipo na nosa localidade?, cal?, que pasou?

-

Contar aos alumnos que, desde sempre, o home quixo voar como os paxaros. Para iso, realizou innumerables inventos con mecanismos que substituían as ás ou ben con aparellos que permitían ascender.

En 1782, os irmáns Montgolfier inventaron o primeiro globo, que ascendeu polo aire e alcanzou unha altura de 500 metros. O sistema que utilizaron foi o mesmo que hoxe se emprega para os globos comerciais e deportivos: prender lume nun cestiño e quentar o aire contido dentro do globo; deste xeito o aire expándese, faise máis livián que o aire frío e o globo ascende. Ao ano seguinte fíxose a primeira viaxe con seres vivos: un galo, un parrulo e unha ovella; pouco tempo despois, os globos foron tripulados por persoas. Restaba entón atopar o modo de dirixir o rumbo dos globos. En 1852, o enxeñeiro francés Henri Giffard construíu un aeróstato e, cara a fins do século XIX, o conde alemán Ferdinand von Zeppelín construíu un dirixible de aluminio. Neses anos, cun globo meteorolóxico equipado con instrumental para medir as condicións climáticas, chegou a ascender ata os 18.000 metros e rexistrou unha temperatura de sesenta graos baixo cero.

Na actualidade, os observatorios meteorolóxicos utilizan globos con instrumental para sondar as condicións da troposfera.

-

Para introducir a lección das páxinas 88 e 89, A hidrosfera, levar a clase un globo terráqueo e mostrar a zona do océano Pacífico comprendida entre Australia e a costa oeste de América, en que case todo o que se ve é auga. Reflexionar cos alumnos se non sería máis lóxico chamar ao noso planeta Auga e non Terra.

-

Para afondar na importancia da auga, pedir aos alumnos que imaxinen e describan como sería a vida se só tivésemos auga para cociñar e beber.

-

Utilizar o esquema do ciclo da auga da páxina 88 para repasar os cambios de estado deste elemento. Recordar conceptos como fusión (cando o xeo pasa a ser auga líquida), evaporación (cando a auga líquida pasa a ser vapor de auga), condensación (cando o vapor de auga pasa a ser auga líquida) e solidificación (cando a auga líquida pasa a ser xeo).

-

Aclarar que as nubes están formadas por pequenas pingas de auga e non por vapor de auga.

-

Ao finalizar a lección das páxinas 88 e 89, ademais das preguntas do libro, o profesor pode formular as seguintes:

-

En que lugares podemos atopar auga no planeta?

-

Que é a auga doce?

63

Document info
Document views477
Page views477
Page last viewedFri Dec 09 11:44:00 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments