X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 64 / 132

464 views

0 shares

0 downloads

0 comments

64 / 132

-

Que son as mareas?

-

Como chega a auga desde a superficie da Terra ata a atmosfera?

-

Debuxar o ciclo da auga no encerado e pedir aos alumnos que o completen incluíndo as frechas do ciclo. Suxerirlles que distingan con cores as frechas que representan cambios de estado (evaporación da auga dos mares, fusión dos xeos, etc.).

-

Suxerir a seguinte situación: «Se todos os seres vivos tomamos auga do medio e, ademais, as persoas gastamos auga en diversos usos, como é posible que siga habendo auga?». Guiar os seus comentarios no sentido de que a auga dos canos volve aos ríos ou respostas parecidas que lles permitan comprender que a auga do planeta está en constante movemento.

-

Explicar aos alumnos que no noso idioma hai moitas expresións que conteñen a palabra auga. Por exemplo, «afogarse nun vaso de auga», «como auga de maio», «nadar entre dúas augas» ou «estar ca auga ao pescozo». Propoñerlles que busquen nun dicionario outras expresións que conteñan esta palabra e que expliquen o seu significado.  

-

Contar aos alumnos que, na Antigüidade, a auga se consideraba un elemento simple, sen mestura algunha. Ata hai relativamente pouco descoñecíase que, en realidade, se trata dunha substancia composta de osíxeno e hidróxeno.

Dous científicos foron os responsables de determinar a estrutura da auga.

-

Henry Cavendish (1731-1810) consagrou a súa vida ao estudo da Química. Dedicouse a medir e a calcular, pero non se preocupou demasiado por interpretar os seus achados. En 1776 descubriu un gas, o hidróxeno, e chamouno aire inflamable. Ao queimalo no aire, advertiu con sorpresa que obtiña auga.

-

Antoine-Laurent Lavoisier (1743-1794) foi o primeiro en investigar cun verdadeiro método científico, e das súas observacións puido extraer deducións moi interesantes. Determinou a composición da auga non só por síntese senón por análise, e deu o nome de hidróxeno ao aire inflamable de Cavendish.

-

Para introducir a lección das páxinas 90 e 91, A xeosfera, pedir aos alumnos que sinalen onde hai rochas no contorno. Probablemente non mencionarán as que hai no subsolo, debaixo dos edificios, nin tampouco revestindo as paredes dalgúns edificios. Chamarlles a atención sobre o feito de que os materiais de construción máis importantes proveñen das rochas, e de que estas son as que forman o chan que pisamos. Aínda que non recoñezan a area como rocha, explicar que aquela non é máis que unha acumulación de pequenos anacos de rochas.

-

Unha forma de explicar as partes da xeosfera é comparala cun ovo cocido. Indicar que o ovo enteiro é a xeosfera. A continuación dividir o ovo en dúas metades. Sinalar que a casca do ovo sería a codia; a clara, o manto; e a xema, o núcleo.

-

Preguntar aos alumnos :

64

Document info
Document views464
Page views464
Page last viewedThu Dec 08 10:57:13 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments