X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 65 / 132

426 views

0 shares

0 downloads

0 comments

65 / 132

-

Que é a xeosfera?

-

Como se chama a capa externa da xeosfera?

-

Que diferenza hai entre unha rocha e un mineral?

-

Como se forman as rochas ígneas?

-

Pedir aos alumnos que realicen un esquema cos grupos nos que se dividen as rochas atendendo á súa orixe. O profesor pode suxerirlles, ademais, que o completen con fotografías de rochas de cada un dos tres grupos.

-

Suscitar a seguinte situación: «Dous amigos recolleron mostras de rochas. Un deles afirma que as rochas pertencen á xeosfera. O outro di que pertencen á codia». Cal ten razón? Por que? (Ambos amigos teñen razón porque a codia forma parte da xeosfera.)

-

Animar os alumnos a realizar unha investigación sobre a importancia dos minerais e as rochas na súa Comunidade Autónoma. Para iso, pedirlles que busquen información que trate de responder ás seguintes preguntas.

-

É importante a actividade mineira na túa Comunidade?

-

Coñeces algún mineral ou algunha rocha da túa Comunidade que se obtivese no pasado e tamén na actualidade?, cal?

-

Cales son os minerais ou as rochas que teñen maior importancia económica actualmente? A que usos se destina eses minerais?

-

Propoñer aos alumnos elaborar con plastilina de diferentes cores un modelo de xeosfera coas súas diversas capas.

-

Explicar aos alumnos en que consiste a técnica de aprendizaxe de poñer palabras en negriña.

Comentarlles que un modo de destacar os contidos ou datos relevantes nun texto é empregar un tipo de letra denominada negriña na linguaxe tipográfica.

Xeralmente, utilízase este tipo de letra para sinalar os títulos, para destacar definicións e os conceptos máis relevantes dun texto, ou ben ao principio de cada novo parágrafo para indicar o seu contido, etc.

Pedir aos alumnos que pechen os seus libros e ditarlles o texto do epígrafe 2, As partes da xeosfera (páxina 90).

A continuación, indicarlles que subliñen as palabras que eles consideren que deben destacarse. Despois, preguntar a varios deles as palabras que subliñaron e pedirlles que expliquen por que o fixeron así.

Para finalizar a actividade, animar os alumnos a que lean o texto orixinal e que o comparen co seu. Por último, preguntarlles por que cren eles que se destacaron esas palabras e non outras.

65

Document info
Document views426
Page views426
Page last viewedSun Dec 04 23:16:00 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments