X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 66 / 132

508 views

0 shares

0 downloads

0 comments

66 / 132

-

Para introducir a lección das páxinas 92 e 93 pedir aos alumnos que observen as fotografías da páxina 93. Despois, preguntar: Que diferenzas hai entre as tres fotografías? Que lugar de Galicia coñecedes que se pareza a algunha destas fotografías? Foron sempre así estas paisaxes? Nunca sufriron cambios? Que cousas fan que as paisaxes cambien?

-

A propósito da fotografía 2, páxina 92, do volcán Teide, explicar aos alumnos que a orixe do arquipélago canario é volcánico. Isto significa que as rochas que o forman son de tipo ígneo na súa gran maioría. Na Península e en Baleares os terreos volcánicos son escasos, e non manifestan actividade como en Canarias. Contar que esta peculiaridade fai ás illas Canarias únicas e, por iso, é necesario fomentar a súa conservación.

-

Pedir os alumnos que indiquen cales dos seguintes fenómenos poden cambiar lenta ou rapidamente a paisaxe dun lugar:

-

Os ríos.

-

O mar.

-

A neve que cae no inverno.

-

Un volcán en erupción.

-

Un terremoto.

-

O vento.

-

Dividir os alumnos en grupos e suxerirlles que elaboren unha maqueta dun volcán. Indicarlles que utilicen unha táboa de 20 x 30 centímetros, un tubo de papel de cociña, plastilina de cor marrón e vermella (para a lava). Sinalar que identifiquen as distintas partes do volcán: cráter, cono e a cheminea.

-

Propoñer aos alumnos unha investigación sobre algunha forma do relevo curiosa e característica da súa Comunidade. Deben atopar datos para describir esa forma do relevo, así como referencias que expliquen a súa orixe e mencionen a súa composición rochosa, etc. Comprobar se saben exactamente que datos necesitan buscar e se relacionan correctamente os datos obtidos cos contidos do tema que acaban de estudar.

-

Suxerir aos alumnos que falen sobre algunha paisaxe que coñezan (unha ría, un cantil, unha praia, unha serra, etc.). Avaliar a súa capacidade de expresarse oralmente, explicando e describindo adecuadamente esa paisaxe.

-

Explicar aos alumnos que tsunami é a palabra xaponesa utilizada para denominar ás ondas mariñas de orixe sísmica. Literalmente, significa «ondas do porto». Trátanse de grandes ondas xeradas por un terremoto submarino, ou maremoto, cando o solo do océano bascula durante o tremor ou se producen corrementos de terra. A maioría dos tsunamis orixínanse ao longo do chamado Círculo de Fogo, unha zona de volcáns con importante actividade sísmica de 32.500 km de lonxitude que rodea o océano Pacífico.

66

Document info
Document views508
Page views508
Page last viewedSun Dec 11 08:12:15 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments