X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 67 / 132

453 views

0 shares

0 downloads

0 comments

67 / 132

Un tsunami pode viaxar centos de quilómetros por alta mar e alcanzar velocidades en torno aos 725 ou 800 km/h. A onda, que no mar pode ter unha altura de só un metro, convértese subitamente nun muro de auga de 15 metros ao chegar as augas pouco profundas da costa, e é capaz de destruír canto atope nela.

Un dos tsunamis máis devastadores, que causou miles de vítimas, foi o que se produciu no océano Índico o 26 de decembro de 2004. Os países máis afectados foron Indonesia e Tailandia, no continente asiático, aínda que os efectos chegaron a sentirse en zonas situadas a miles de quilómetros, como en Somalia, un país situado en África.

-

Propoñer aos alumnos a seguinte actividade sobre a distribución da auga no planeta Terra.

Con esta actividade, os alumnos comprobarán graficamente que cantidade de auga potable dispoñemos no planeta.

Materiais:

-

Contagotas

-

Catro vasos de plástico transparente

-

Auga

-

Catro etiquetas adhesivas

Procedemento:

1.

Formar grupos de catro alumnos e pedirlles que escriban nas etiquetas os seguintes títulos: augas continentais (lagos e ríos), glaciares, océanos e total.

2.

Pegar as etiquetas nos vasos, indicarlles que co contagotas boten 100 gotas de auga no vaso de total. Este vaso representa o auga da Terra.

3.

Depositar a cantidade de gotas que lle corresponda a cada vaso, partindo da seguinte información:

Augas continentais 1 gota

Glaciares 3 gotas

Océanos 97 gotas

4.

Finalmente, propoñerlles comparar os vasos e falar na clase sobre por que se debe coidar a auga dos ríos e lagos.

-

Antes de realizar as actividades do apartado Aprendín das páxinas 96 e 97, recordar cos alumnos as ideas principais que se traballaron na unidade. Se o profesor o considera conveniente, pode ditalas para que as copien nos seus cadernos. Por exemplo:

-

A atmosfera, que é a capa de aire que rodea a Terra, contén o osíxeno necesario para a respiración dos seres vivos e o dióxido de carbono que empregan as plantas na fotosíntese.

-

Na atmosfera distínguense varias capas: a troposfera, que é onde se desenvolve a vida e se producen os fenómenos atmosféricos; a estratosfera; e a capa de ozono.

-

A hidrosfera é o conxunto das augas do planeta.

-

O ciclo da auga comprende os cambios de estado e de posición que experimenta a auga na Terra.

-

A xeosfera é a parte sólida da Terra. As súas partes son: codia, manto e núcleo.

67

Document info
Document views453
Page views453
Page last viewedWed Dec 07 17:31:05 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments