X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 68 / 132

558 views

0 shares

0 downloads

0 comments

68 / 132

-

As rochas, que están compostas por minerais, son os materiais naturais que forman a codia terrestre. As rochas poden ser: sedimentarias, ígneas e metamórficas.

-

Os volcáns son lugares polos que sae á superficie o magma do interior da Terra.

-

Os terremotos son movementos da codia terrestre producidos polas forzas internas da Terra.

-

A auga e o vento modifican a superficie terrestre mediante a erosión, o transporte e a sedimentación.

-

Unha vez finalizado o estudo desta unidade, o profesor pode realizar unha posta en común cos alumnos sobre os seus contidos. Con iso preténdese que se afagan a expresar as súas opinións libremente, respectando as dos demais. Ao mesmo tempo, o profesor poderá valorar o interese espertado pola unidade e cales son as cuestións que máis atraeron a súa atención.

Actividades específicas para o desenvolvemento de hábitos e valores:

Educación para a saúde

-

Explicar como nas grandes cidades ou en sitios pechados as persoas respiramos aire contaminado producido polo fume dos coches, das calefaccións, do tabaco… Insistir en que sempre que sexa posible debemos evitar sitios nos que haxa persoas fumando, xa que ao respirar ese fume nos convertemos en fumadores pasivos e podemos desenvolver enfermidades relacionadas co aparello respiratorio.

-

Explicar aos alumnos o impacto ambiental producido polas explotacións mineiras. Pedirlles que eles mesmos xulguen a alteración do ambiente que supón a instalación destas explotacións.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Sabe que é a atmosfera terrestre e coñece as súas características e a súa estrutura.

Diferencia os fenómenos atmosféricos máis relevantes.

Explica a importancia da vida.

Comprende a importancia da atmosfera para a vida no noso planeta.

Sabe que é a hidrosfera e describe o ciclo da auga.

Explica que é a xeosfera e identifica as súas partes.

Sabe que é unha rocha e recoñece os distintos tipos de rocha.

Recoñece os cambios que se producen na superficie da Terra.

68

Document info
Document views558
Page views558
Page last viewedThu Jan 19 13:11:46 UTC 2017
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments