X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 7 / 132

587 views

0 shares

0 downloads

0 comments

7 / 132

-

Para explicar as partes dunha célula de forma descritiva realizar esta pequena experiencia. Levar á clase un ovo cocido e explicar aos alumnos que é, en realidade, unha célula grande. Quitar a casca e indicarlles que esta é unha protección dura que se atopa sobre a membrana da célula. Separar a casca da membrana, que é moi fina e transparente. Logo partir o ovo lonxitudinalmente e ensinalo. Comentarlles que a clara (a parte branca) é o citoplasma e a xema (a parte amarela) é o núcleo.

-

Se o profesor o cre oportuno, despois de ler a lección das páxinas 14 e 15, Organización interna dos seres vivos, formular as seguintes preguntas:

-

Que é un ser pluricelular?

-

As persoas somos seres pluricelulares ou unicelulares?, por que?

-

Cales son as partes que forman a célula?

-

Propoñer aos alumnos a construción dun modelo tridimensional dunha célula, utilizando dous globos (un dentro do outro), auga (para simular o líquido que enche o citoplasma) e anacos de papel (para simular os orgánulos do interior da célula).

-

Escribir no encerado palabras relacionadas con seres vivos e con seres inertes (óso, bolígrafo, semente, libro, pel, cadeira…) e pedir aos alumnos que sinalen os que estarían compostos por células. Aproveitar para reforzar a idea de que os seres vivos están formados por células.

-

Tras finalizar o desenvolvemento da lección das páxinas 14 e 15, Organización interna dos seres vivos, contar aos alumnos que Robert Hooke (1635-1703) foi un científico inglés que realizou investigacións en todos os campos das Ciencias Naturais.

Foi o primeiro científico en utilizar a palabra célula. Mentres observaba no seu rudimentario microscopio unha lámina porosa de cortiza, descubriu uns espazos especiais de tecido vexetal morto, aos que lles deu o nome de celas (do latín, cellulae).

No seu libro Micrographia, describiu a composición da cortiza do seguinte xeito: «Hai neste numerosas cavidades microscópicas separadas por paredes que recordan ás celas dun panal».

Ademais, levou a cabo numerosos estudos sobre mofos e diversos tipos de fungos e tamén fixo observacións sobre algúns animais, como as abellas, os peixes e os moluscos.

A súa actividade científica estendeuse tamén á Química, á Astronomía e á Física. Por exemplo, recoñeceu a natureza ondulatoria da luz e enunciou unha lei que describía o movemento dos planetas. Ao seu gran talento débense aparellos como o termómetro de alcohol e a bomba de baleiro, que construíu en 1655.

-

Para empezar a lección das páxinas 16 e 17, Clasificación dos seres vivos, propoñer aos alumnos facer unha lista cos nomes dos seres vivos que poidan ver no camiño da súa casa ao colexio. Despois, preguntar: Todos eses seres vivos son iguais? En que se parecen as plantas e os animais?, en que se diferencian? Ademais de plantas e animais, hai outros seres vivos?

7

Document info
Document views587
Page views587
Page last viewedSat Jan 21 03:02:12 UTC 2017
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments