X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 70 / 132

414 views

0 shares

0 downloads

0 comments

70 / 132

METODOLOXÍA

Proceso de ensinanza e aprendizaxe:

Nas páxinas iniciais da unidade 8 o proceso comeza coa lectura en grupo do texto A nova autoestrada. A continuación propóñense dúas actividades: na primeira aparecen varias preguntas sobre a lectura; e na segunda proponse unha actividade oral que pretende comprobar como se expresan os alumnos e como mostran as súas opinións. Ao final desta dobre páxina, no apartado Informámonos, preséntanse os conceptos principais que se van estudar.

Nas páxinas de información: O relevo, O relevo costeiro e O relevo de Galicia o proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo sobre unha serie de breves bloques informativos onde se presenta claramente a información, tanto de xeito escrito coma gráfico. Ao final de cada un destes bloques inclúese un pequeno resumo e, a continuación, cuestións para que os alumnos repasen os conceptos máis importantes tratados nestas páxinas.

Tras as páxinas de contidos propóñense actividades para reforzar a comprensión dos coñecementos adquiridos, e outras que teñen como obxectivo aplicar os contidos a situacións próximas á realidade do alumno. Na primeira páxina das actividades, estas clasifícanse nos apartados Comprender, Razoar, Aplicar e Opinar. Na segunda páxina de actividades preséntanse no apartado Saber facer, onde se inclúe a actividade de carácter procedemental Elixir un itinerario.

Como peche da unidade 8 suscítase outra dobre páxina de actividades baixo o título Aprendín. Estas actividades divídense en varios tipos:

-

Un esquema e unha descrición sobre o relevo da Comunidade Autónoma.

-

O apartado Infórmome e escribo, onde os alumnos deben realizar unha descrición por escrito dunha paisaxe.

-

O breve texto Coidemos o medio natural, dentro do apartado O mundo que queremos, onde se facilita a autorreflexión dos alumnos sobre os seus comportamentos e actitudes.

Suxestión de temporalización:

2.ª e 3.ª semana de febreiro.

Recursos:

-

Coñecemento do medio 5.

-

Guía didáctica de Coñecemento do medio 5.

-

Fichas 18 e 19 de reforzo.

-

Ficha 8 de ampliación.

70

Document info
Document views414
Page views414
Page last viewedSun Dec 04 02:19:42 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments