X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 71 / 132

404 views

0 shares

0 downloads

0 comments

71 / 132

-

Ficha 8 de control.

-

Recursos na rede:

-

Relevo de España.

http://w3.cnice.mecd.é/eos/MaterialesEducativos/mem2000/geografia/

Distintas actividades con mapas para recoñecer as principais formas do relevo español.

    -   Praias de Galicia.

http://www.turgalicia.es/sit/arquitectura_form.asp?ctre=113&cidi=G

Páxina de Turgalicia onde se pode buscar información, fotos e mapas das rías e das praias galegas.

-

Actividades con mapas.

-

Galicia.

-

Atlas Escolar Primaria.

-

Novo dicionario da lingua galega.

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

-

Antes de iniciar a lectura do texto da páxina 103, A nova autoestrada, traballar cos títulos da unidade e do texto propiamente dito. Pedir aos alumnos que relacionen as palabras relevo e autoestrada; que constrúan frases ou expliquen situacións que vinculen ambos conceptos. Se o profesor o cre conveniente, anotar algunhas das ideas no encerado, en especial, aquelas que estean relacionadas co relevo.

-

Traballar coa fotografía que abre a unidade (páxina 102) e propoñer aos alumnos que a describan utilizando conceptos relacionados co relevo. Logo, pedirlles que expliquen como a autoestrada superou as dificultades do terreo neste caso. Aproveitar para recordar a diferenza entre os elementos naturais da paisaxe e os derivados da acción humana.

-

Formar grupos que valoren a proposta do equipo de profesionais (ao que fai referencia o texto da páxina 103) tendo en conta o respecto ao medio natural. O profesor pode guiar as súas reflexións con preguntas como: Que transformacións sufriu a paisaxe natural?, como afecta a apertura do túnel na serra?, como inciden as pontes nos vales? Finalmente, pedirlles que escriban unha conclusión explicando a súa postura.

-

Comente que o relevo inflúe, e moito, nas formas de vida dos habitantes dun lugar. Pode poñer un exemplo dunha poboación de montaña (por exemplo, Pedrafita do Cebreiro), os seus habitantes dedícanse á gandaría e á explotación da madeira. Nos meses do inverno adoitan pasar días incomunicados, debido ás nevadas. En cambio, os habitantes das vilas da costa, como por exemplo Sanxenxo, traballan en profesións relacionadas co mar e co turismo e son poboacións que están ben comunicadas.

71

Document info
Document views404
Page views404
Page last viewedSat Dec 03 01:05:34 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments