X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 72 / 132

514 views

0 shares

0 downloads

0 comments

72 / 132

-

Aproveitar o apartado Falamos da páxina 103 para reflexionar cos alumnos sobre o que é a responsabilidade. Explicar que responsabilidade é a capacidade de dar resposta dos propios actos ante un mesmo e ante os demais. Para que os alumnos se fagan responsables hai que darlles oportunidades para selo, aínda que poidan cometer erros. Educar na responsabilidade implica: deixar espazo ao alumno para que tome as súas propias decisións; axudarlle, dándolle a información necesaria para que poida tomar unha decisión concreta; recompensarlle cando o faga ben e facerlle saber que se vai a aceptar o resultado da súa decisión, aínda que non se estea totalmente de acordo con ela.

-

Se o profesor conta con alumnos que proveñen doutros países, pode iniciar o desenvolvemento desta unidade pedíndolles que traian fotografías dalgunhas paisaxe ou forma de relevo importante do seu país. Esas fotografías poden servir para crear murais ou se poden analizar do mesmo xeito que a que abre a unidade. Ademais, se hai algunha que achegue algún elemento pouco común, como os volcáns, pode dar pé a un afondamento sobre o tema.

-

Se o profesor ten oportunidade, utilizar vídeos que amosen imaxes do relevo desde o aire ou desde a perspectiva dun escalador ou montañeiro. Deter a imaxe para que poidan apreciar as diferenzas entre, por exemplo, como se ve unha montaña desde o chan e como se aprecia desde o aire.

-

Se o profesor coñece a algún ambientalista, topógrafo, arquitecto, enxeñeiro de camiños, xeógrafo ou algún outro profesional que poida estar relacionado co tema, invitarao a visitar a aula e a falar cos alumnos sobre como se desenvolve o seu traballo, cal é a súa función, cales son as súas ferramentas de labor, de qué xeito inflúe o relevo no exercicio da súa profesión, etc.

-

Para empezar esta lección (páxinas 104 e 105) recordar aos alumnos que o relevo pode ser costeiro ou de interior e que, neste caso, imos estudar o de interior, é dicir, o relevo de montaña e de chaira.

-

Aínda que os alumnos xa viron o tema do relevo noutros cursos, sería conveniente formular preguntas antes do inicio do tema para coñecer o seu nivel de coñecementos e saber os conceptos que teñen que reforzar.

-

Para que os alumnos recoñezan as características de cada unha das formas do relevo, sería conveniente, a medida que se desenvolve a explicación, fixar a súa atención sobre a ilustración 2 da páxina 104, na que se mostran dunha forma clara e sinxela as distintas formas do relevo.

-

Propoñer aos alumnos que observen a ilustración 2 da páxina 104 e que nomeen as formas de relevo que se poidan apreciar. Despois, pedirlles que identifiquen en qué partes da paisaxe hai asentamentos de poboación. A continuación, preguntarlles por que cren que as persoas elixen eses lugares para crear pobos ou cidades.

72

Document info
Document views514
Page views514
Page last viewedSun Dec 11 20:20:22 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments