X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 73 / 132

466 views

0 shares

0 downloads

0 comments

73 / 132

-

Propoñer aos alumnos que elaboren un cadro para clasificar as formas do relevo propias de montaña e da chaira.

-

Pedir aos alumnos que ordenen as seguintes formas do relevo segundo a altitude respecto ao nivel do mar: val, montaña, depresión, meseta e chaira.

-

Escribir no encerado os principais picos de España e pedir aos alumnos que, tras unha observación atenta do mapa do relevo de España, relacionen cada pico con montaña ou sistema ao que pertencen.

-

Explicar aos alumnos que un mapa do relevo é un tipo de mapas que representa as diferentes alturas do relevo dun lugar, que pode ser un país, unha Comunidade ou un pequeno territorio. Para analizar un mapa deste tipo débese prestar especial atención á lenda na que aparecen diferentes cores que indican, de maior a menor, as distintas altitudes.

Tamén se ha de prestar atención á escala, que nos indica a proporción existente entre o tamaño real do territorio representado e o tamaño que lle corresponde no mapa.

Pedir aos alumnos que observen o mapa da páxina 105. Despois preguntar:

-

Que escala se utilizou no mapa? Que significa?

-

De que cor se representaron as máximas altitudes do mapa? Que formas de relevo son: montañas ou chairas?

-

Cal é o pico máis elevado? Onde se atopa?

-

Que cor predomina no centro do mapa? E no norte? Que diferenzas hai no relevo destas dúas zonas?

Para finalizar esta actividade reflexionar cos alumnos sobre como lles pode axudar esta técnica de aprendizaxe (os mapas de relevo) a comprender o tema do relevo.

-

Iniciar a lección das páxinas 106 e 107, O relevo costeiro, a partir da observación e a comparación entre as fotografías da costa alta e da costa baixa incluídas na páxina 106. Pedir aos alumnos que expliquen as semellanzas e as diferenzas entre as dúas paisaxes.

-

Utilizar a ilustración 2 da páxina 106 para axudar os nenos a comprender as características que definen cada un dos accidentes costeiros. O profesor pode nomear un accidente, por exemplo, cabo e pedirlle aos alumnos que o localicen na ilustración e que digan unha palabra que describa como é. No caso de cabo poderían dicir: punta, frecha, triángulo… Logo, o profesor lerá a definición que aparece no libro.

-

Traballar co mapa das costas de España da páxina 107 indicando aos alumnos o nome das Comunidades Autónomas que abarca cada zona costeira.

-

Ademais das preguntas do libro, o profesor pode formular as seguintes:

-

Como se chaman as baías que son moi pequenas?

73

Document info
Document views466
Page views466
Page last viewedThu Dec 08 12:46:06 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments