X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 74 / 132

411 views

0 shares

0 downloads

0 comments

74 / 132

-

En que se diferencian unha illa dun arquipélago?

-

Que é unha marisma?

-

Pedir aos alumnos que observen o mapa de España da páxina 107 e propoñerlles que imaxinen unha viaxe por mar desde o cabo Matxitxako ata o cabo da Nave. Deberán identificar as zonas costeiras que atravesan e as súas características, e citar os accidentes costeiros que ven durante a viaxe.

-

Contar aos alumnos que ao percorrer a costa dun país podemos contemplar variadas e fermosas formas do relevo: acantilados, rías, cabos, golfos, praias, etc. Pero, unha das máis belas paisaxes costeiras é a dos fiordes.

Os fiordes formáronse hai miles de anos polo ascenso das augas mariñas causado pola fusión dos xeos. Caracterízanse por ser montañas rochosas moi escarpadas, estreitas e profundas que se mergullan directamente na auga. Recentemente, a UNESCO incluíu na lista do Patrimonio Mundial os fiordes de Geirangerfjord e Naeroyfjord, en Noruega, cuxas alturas alcanzan os 1.400 metros sobre o nivel do mar e 500 metros por baixo do mar.

-

Explicar aos alumnos que o fondo dos océanos é tan variado e ten tantos accidentes coma o relevo dos continentes. Un dos accidentes máis espectaculares son as foxas mariñas, tamén chamadas foxas abisais ou oceánicas, que son profundas incisións no fondo mariño. A súa profundidade é tal que superan a altitude das montañas máis altas do planeta como o Everest.

No océano Pacífico atópanse as foxas máis profundas como a Challenger, que alcanza os 11.033 metros, e a foxa das Marianas con 10.915 metros.

-

Pedir aos alumnos que observen o mapa da páxina 108 que dá inicio á lección de O relevo de Galicia. Percorrer con eles o mapa de norte a sur e de leste a oeste e nomear as formas do relevo que van aparecendo.

Preguntar aos alumnos se visitaron algún dos lugares que foron nomeados. En caso afirmativo, animalos a que relaten a súa experiencia: que viron, que fixeron, por que foron alí, que lles chamou máis a atención…

-

É importante que os alumnos non queden coa idea de que as unidades de relevo de Galicia acaban e empezan dentro dos límites desta. Por iso, sería interesante utilizar un mapa do relevo de España (pódense utilizar os que se inclúen no libro nas páxinas 108; ou o do Anexo da páxina 204) e ver de forma completa as zonas montañosas que conforman o noso relevo.

-

Explique o significado das palabras setentrional, que está ao norte, e meridional, que está ao sur, como palabras que se empregan habitualmente en xeografía.

74

Document info
Document views411
Page views411
Page last viewedSat Dec 03 18:17:36 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments