X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 75 / 132

456 views

0 shares

0 downloads

0 comments

75 / 132

-

Para traballar a localización das unidades do relevo de Galicia, realizar actividades nas que os alumnos teñan que investigar o nome dalgunhas formas do relevo de Galicia. Por exemplo:

-

É o pico que está máis ao norte de Galicia.

-

É o monte máis próximo á capital da Comunidade.

-

É unha depresión que vai de norte a sur de Galicia ao longo de 150 km.

-

Outra posibilidade son as actividades nas que os alumnos teñan que sinalar se unha afirmación é verdadeira ou falsa. Por exemplo:

-

As rías son vales fluviais inundados polo mar.

-

O cumio máis alto de Galicia está na costa.

-

As serras de menor tamaño situadas ao leste de Galicia forman a Dorsal Galega.

-

Propoña aos alumnos que realicen itinerarios utilizando a información do mapa. Por exemplo, se vives en Tui e queres chegar ao pico do Xistral, que unidades do relevo terás que atravesar?

-

A propósito da escala do mapa, formular aos alumnos diferentes problemas. Por exemplo, «se un centímetro do mapa equivale a 22 quilómetros, a cantos quilómetros equivalerán tres centímetros?».

- Galicia é un país de relevo complexo, onde dominan as áreas inclinadas sobre as zonas chás. O terreo vai gañando altitude de leste a oeste, ou sexa, os terreos máis baixos están na costa e, a medida que imos cara ao interior, a altitude aumenta.

-    A paisaxe galega é unha sucesión de vales e montañas, con predominio de ladeiras con pendentes habitualmente fortes, pero existen tamén pequenas depresións. A montaña, pois, é un elemento da paisaxe moi importante en Galicia; mesmo se di popularmente que «En Galicia, o que non é val é monte».

A costa galega

-

Galicia é un país aberto ao mar e ten 1.309 km de liña costeira. En moitos tramos da costa galega alternan as zonas altas e rochosas coas baixas e areentas. Ás veces, as caídas da terra ao mar son impresionantes, como na Capelada, preto do cabo Ortegal, onde os cantís superan os 600 metros de altura, os máis elevados de Europa occidental.

-

Elaborar o mapa físico de Galicia.

Materiais:

-

Folios en branco.

-

Rotuladores e lapis de cores (especialmente, marrón, laranxa, verde, azul e amarelo).

-

Acetatos.

-

Fotocopia do mapa da Comunidade Autónoma incluído na páxina 208.

Procedemento:

75

Document info
Document views456
Page views456
Page last viewedWed Dec 07 22:19:27 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments