X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 76 / 132

460 views

0 shares

0 downloads

0 comments

76 / 132

Dividir a clase en grupos de catro alumnos e entregar a cada un deles unha copia do mapa da Comunidade.

A continuación, propoñerlles calcar nun folio a silueta do mapa. Indicarlles que reproduzan nos acetatos, con rotuladores de cores, as diferentes unidades do relevo da Comunidade en función da altitude: as montañas, marróns; as mesetas, laranxas; as chairas, amarelas; os ríos, lagos ou lagoas, azuis..., e que inclúan unha lenda para explicar o contido do mapa.

Por último, facer que superpoñan os acetatos sobre o mapa.

-

Antes de realizar as actividades do apartado Aprendín das páxinas 112 e 113, recordar cos alumnos as ideas principais que se traballaron na unidade. Se o profesor o considera conveniente, pode ditalas para que as copien nos seus cadernos. Por exemplo:

-

O relevo pode ser de montaña, de chaira ou de costa segundo as características que presente.

-

O relevo de montaña é aquel no que se alternan montañas e vales.

-

As chairas son grandes extensións de terreo liso e horizontal.

-

O relevo de España é variado, cunha ampla Meseta Central rodeada de montañas.

-

Galicia ten terras altas, con montañas suaves e redondas, e terras baixas, con vales fluviais, depresións e chairas. Na costa destacan as rías.

-

As costas poden ser altas ou baixas, e nelas atopamos varios tipos de accidentes xeográficos.

-

En España distínguense tres zonas costeiras: a costa cantábrica, a costa atlántica e a costa mediterránea.

-

Propoñer unha reflexión de grupo sobre a utilidade práctica que ten o coñecemento do relevo. O profesor pode guiar os seus comentarios con preguntas como: Para que serve saber como é o relevo da nosa Comunidade? Con que actividades da vida cotiá se pode relacionar o relevo? En que momentos, traballos ou situacións pode ser útil saber onde o relevo é elevado, ou onde hai chairas…?

-

Indicar aos alumnos como se din en inglés algunhas palabras desta unidade.

-

montaña: mountain.

-

chaira: flat.

-

río: river.

-

illa: island.

-

costa: coast.

-

mar: sea.

-

Realizar cos alumnos a seguinte actividade e xogar a o preguntón do relevo.

Materiais:

-

Fichas de cartolina de 10 x 5 cm.

-

Dous dados.

-

O libro de Coñecemento do medio.

Procedemento:

76

Document info
Document views460
Page views460
Page last viewedThu Dec 08 03:28:30 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments