X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 77 / 132

470 views

0 shares

0 downloads

0 comments

77 / 132

1.

Entregar aos alumnos as fichas e pedirlles que escriban preguntas, e as súas respostas, relacionadas coa unidade.

2.

Escoller a un alumno para facer de preguntón. El será o encargado de ler as preguntas e validar as respostas.

3.

Formar grupos de catro alumnos. Cada grupo tirará os dados, e o que saque a puntuación máis alta será o que comece o xogo.

4.

Poñer as tarxetas nunha caixa ou nunha bolsa e entregarlla ao preguntón. Este sacará unha tarxeta e fará a pregunta ao primeiro grupo. Se o grupo responde correctamente, o preguntón anotaralle dous puntos positivos. Se responde mal, anotará un punto negativo; e así sucesivamente, por orde, cos demais grupos.

5.

O xogo finalizará cando se terminen as tarxetas. O grupo que acumule máis puntos será o que se proclame campión.

Actividades específicas para o desenvolvemento de hábitos e valores:

Educación ambiental

-

Aproveitar a lección das páxinas 104 e 105 para facer ver aos alumnos a importancia das formas do relevo, tanto polo seu valor natural coma polo goce que podemos facer delas respecto ao lecer, o divertimento, o relax e a práctica de deportes.

-

Un dos grandes problemas que sofren as zonas costeiras son os vertidos de produtos tóxicos e de petróleo, que matan miles de animais non só mariños, senón os que viven do mar. Isto produce un desequilibrio ecolóxico enorme. Propoñer aos alumnos que opinen sobre as consecuencias destas accións e as medidas que tomarían para protexer as costas.

-

Aproveitar as páxinas 110 e 111 para resaltar a gran diversidade do relevo español e as adaptacións que se produciron na forma de vida das persoas por mor destas diferenzas (montaña, chaira e costa).

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Identifica as formas do relevo.

Recoñece e localiza as principais formas do relevo de España e de Galicia.

Distingue tipos de costa e diversos accidentes costeiros.

Identifica as zonas costeiras de España.

Valora a información que brindan os mapas, os debuxos e as fotografías.

Describe paisaxes utilizando o vocabulario adecuado.

Admite a necesidade de conservar o medio natural.

77

Document info
Document views470
Page views470
Page last viewedFri Dec 09 00:49:18 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments