X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 79 / 132

474 views

0 shares

0 downloads

0 comments

79 / 132

METODOLOXÍA

Proceso de ensinanza e aprendizaxe:

Nas páxinas iniciais da unidade 9 o proceso comeza coa lectura en grupo do texto Un temporal inesperado. A continuación suxírense dúas actividades: na primeira aparecen varias preguntas sobre a lectura; e na segunda proponse unha actividade oral que pretende comprobar como se expresan os alumnos e como mostran as súas opinións. Ao final desta dobre páxina, no apartado Informámonos, preséntanse os conceptos principais que se van estudar.

Nas páxinas de información: Os ríos, Os ríos de Galicia, O clima e o medio natural e O clima e o medio natural da Galicia o proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo sobre unha serie de breves bloques informativos onde se presenta claramente a información, tanto de xeito escrito coma gráfica. Ao final de cada un destes bloques inclúese un pequeno resumo e, a continuación, cuestións para que os alumnos repasen os conceptos máis importantes tratados nestas páxinas.

Tras as páxinas de contidos propóñense actividades para reforzar a comprensión dos coñecementos adquiridos, e outras que teñen como obxectivo aplicar os contidos a situacións próximas á realidade do alumno. Na primeira páxina de actividades, estas se clasifícanse nos apartados Comprender, Razoar. Opinar e Aplicar. Na segunda páxina de actividades preséntase o apartado Saber facer, onde se inclúe a actividade de carácter procedemental Interpretar un gráfico de temperatura.

Como peche da unidade 9 suscítase outra dobre páxina de actividades baixo o título Aprendín. Estas actividades divídense en varios tipos:

-

Un esquema e un resumo sobre os ríos, o clima, a fauna e a vexetación de Galicia.

-

O apartado. Infórmome e falo, onde os alumnos deben realizar unha exposición oral na que presenten un río.

-

O breve texto A auga, un recurso valioso, dentro do apartado O mundo que queremos, onde se facilita a autorreflexión dos alumnos sobre os seus comportamentos e actitudes.

Suxestión de temporalización:

4.ª semana de febreiro e 1.ª semana de marzo.

Recursos:

-

Coñecemento do medio 5.

-

Guía didáctica de Coñecemento do medio 5.

-

Fichas 20, 21 e 22 de reforzo.

-

Ficha 9 de ampliación.

79

Document info
Document views474
Page views474
Page last viewedFri Dec 09 08:14:15 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments