X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 8 / 132

423 views

0 shares

0 downloads

0 comments

8 / 132

-

Explicar aos alumnos que hai que ter en conta que na clasificación que se realizou nas páxinas 16 e 17 non están presentes o reino das moneras e o reino dos protoctistas. Por iso, se o profesor o cre oportuno, indicar que as bacterias pertencen ao reino das moneras; e que as algas forman parte do reino dos protoctistas.

-

Explicar que, segundo a forma en que obteñen o seu alimento, os seres vivos poden dividirse en dous grandes grupos: os que fabrican o seu alimento (autótrofos) e os que se alimentan doutros seres vivos (heterótrofos). As algas e as plantas son autótrofas e os animais e os fungos, heterótrofos.

-

Pedir aos alumnos que observen a ilustración 1 da páxina 16. Despois, preguntar: Que características principais teñen os seres que aparecen nas tres fotografías? Como se desprazan eses seres vivos? Como obteñen o seu alimento?

-

Preguntar que tipo de seres vivos son un níscalo, un fento, un píntega, un ollomol, un champiñón e un carballo. Despois, pedir aos alumnos que completen o seguinte cadro cos nomes anteriores e que engadan  tres máis por cada categoría.

Características

Seres vivos

a) Fabrican o seu propio alimento

b) Aliméntanse doutro ser vivo

-

Propoñer aos alumnos que busquen fotografías de distintos seres vivos e que elaboren tres murais: un do reino animal, outro do reino das plantas e outro do reino dos fungos.

-

Explicar aos alumnos en que consiste a técnica de aprendizaxe do subliñado.

Subliñar consiste en destacar as oracións ou palabras máis importantes dun texto. Para subliñar é necesario realizar, primeiro, unha lectura atenta e, a continuación, destacar o que é realmente importante: definicións, palabras clave…

O subliñado é un paso previo para elaborar resumos e esquemas. Realizar unha lectura do apartado 4 da páxina 17, O reino dos fungos. A continuación, pedir aos alumnos que indiquen a idea principal de cada parágrafo e que a subliñen con lapis. Despois, preguntar:

-

Están os fungos formados por células?

-

Como se chaman os fíos longos e moi finos que forman as células dos fungos?

-

Cal é o órgano reprodutor dalgúns fungos?

-

Os fungos desprázanse?

-

Como obteñen o seu alimento os fungos?

Para verificar que os alumnos comprenden o obxectivo e a utilidade da técnica, formular preguntas como as seguintes:

-

Que relación existe entre as respostas a estas preguntas e as ideas que subliñaches?

-

Como poden facilitar a túa aprendizaxe as ideas que subliñaches?

8

Document info
Document views423
Page views423
Page last viewedSun Dec 04 21:03:59 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments