X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 80 / 132

469 views

0 shares

0 downloads

0 comments

80 / 132

-

Ficha 9 de control.

-

Recursos na rede

-

Instituto Nacional de Meteoroloxía.

http://www.inm.es

Páxina na que se ofrece información sobre o tempo.

-

Ministerio de Medio natural.

http://www.mma.es/parques/lared/

Páxina para coñecer os Parques Nacionais de España.

-

Actividades con mapas.

-

Galicia.

-

Atlas escolar primaria.

-

Novo dicionario da lingua galega.

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

-

Antes de iniciar a lectura da páxina 115, Un temporal inesperado, preguntar aos alumnos o que entenden por temporal ou as cousas que ocorren cando hai un temporal, se viron imaxes en televisión de temporais, etc.

-

Tras a lectura, pedirlles que se poñan no lugar de Xavier e que expliquen que tempo vai. Despois, animalos a predicir o tempo que irá ao día seguinte. É importante que utilicen un vocabulario variado nas explicacións. Por exemplo, se vai calor, que especifiquen se é intenso ou suave; se o ceo está despexado ou anubrado, etc.

-

Preguntar as catástrofes que poderían ocorrer se Xavier non advertise o temporal e as medidas que cren que se tomaron para evitar que o temporal ocasionase unha catástrofe.

-

Pedir aos alumnos que reflexionen e que observen a roupa que visten segundo varían as temperaturas ou se chove; a roupa que se poñen para ir a clase tamén cambia.

-

Aproveitar as actividades de expresión oral que se presentan ao longo da unidade para traballar as habilidades de comunicación. Interpretar un papel e comentar experiencias e sentimentos require que os alumnos se expresen de forma clara e estruturada, cun vocabulario específico e que fagan un bo uso do tempo dispoñible e dos recursos ao seu alcance. Fomentar estas habilidades, pois con elas os alumnos gañarán en seguridade en si mesmos, motivaranse máis e desenvolverán as súas capacidades de liderado.

-

Formar grupos de catro alumnos. A continuación, escribir no encerado algunhas das palabras clave da unidade (río, curso, réxime, caudal, vertente, nacemento, desembocadura, clima, tempo, vexetación…). Cada grupo terá que escoller e definir catro desas palabras, buscando o seu significado no libro, en dicionarios... O grupo que o faga máis rápido e teña menos erros será o gañador.

80

Document info
Document views469
Page views469
Page last viewedFri Dec 09 00:17:43 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments