X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 81 / 132

503 views

0 shares

0 downloads

0 comments

81 / 132

-

Presentar varios mapas do tempo e pedir aos alumnos que localicen e expliquen os símbolos meteorolóxicos máis usuais: sol, sol entre nubes, nube con chuvia, folerpa de neve… A continuación, propoñerlles inventar símbolos que se poidan utilizar para describir o tempo que fai ese día.

-

Gravar un segmento do tempo de calquera telexornal. Velo cos alumnos e dicirlles que anoten a información máis relevante. Despois, realizar preguntas de comprensión. Segundo o meteorólogo, que tempo irá mañá?, cales serán as temperaturas máximas e mínimas?, teremos que utilizar o paraugas? Ademais, se o considera conveniente, pode pedirlles que identifiquen o tipo de imaxes e mapas que utilizou o meteorólogo. Polo xeral, adoitan ser imaxes feitas desde satélites e mapas do tempo.

-

Propoñer aos alumnos que observen a fotografía 1 da páxina 116. Despois, animalos a que describan as tres imaxes e preguntar o que cren eles que é a auga que ven. Se din río, pedirlles que expliquen por que.

-

Suxerir aos alumnos que expliquen en que se diferencian a auga dos ríos da auga do mar. Preguntarlles o que é a auga doce, de onde se obtén auga doce e para que se utiliza. Deste xeito os alumnos tomarán conciencia da importancia dos ríos.

-

Elaborar un mural con fotografías dun mesmo río en distintas épocas do ano. A partir da súa observación o profesor poderá explicar os conceptos de caudal e réxime.

-

Propoñer unha observación atenta do mapa da páxina 116 e explicar que as vertentes hidrográficas toman o seu nome dos mares e océanos nos que desembocan os ríos.

-

Pedir aos alumnos que expliquen as diferenzas entre estas parellas de termos.

-

Río e torrente.

-

Encoro e lago.

-

Caudal e réxime.

-

Propoñer dúas palabras para que os alumnos expliquen a relación que teñen entre si. Por exemplo: caudal e precipitacións; curso e velocidade; embalse e canle.

-

Anotar no encerado a definición das palabras vertente e hidrográfica. Explicalas e pedir aos alumnos que as utilicen en oracións para comprobar que comprenderon o seu significado.

-

Escribir no encerado os nomes das tres vertentes hidrográficas e pedir aos alumnos que observen o mapa do libro da páxina 116. Deberán identificar os ríos que pertencen a cada vertente e escribilos no encerado onde corresponda.

-

Contar aos alumnos que desde a Antigüidade, os ríos xogaron un papel fundamental no nacemento e desenvolvemento de pobos e civilizacións.

81

Document info
Document views503
Page views503
Page last viewedSat Dec 10 22:37:52 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments