X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 82 / 132

413 views

0 shares

0 downloads

0 comments

82 / 132

Fai miles de anos, uns 4.000 a. C., xurdiron as primeiras civilizacións en torno a ríos moi importantes. Así foi o caso de Mesopotamia ao redor do Tigris e do Éufrates; Exipto en torno ao Nilo; A India nas proximidades do Indo; e China ao redor dos ríos Amarelo e Azul.

Nestas zonas, as terras eran moi fértiles e fáciles de regar, o que permitiu un gran desenvolvemento da agricultura. Deste xeito podíase alimentar a máis cantidade de xente, polo que a poboación medrou. Así, pouco e pouco, naceron pequenas aldeas que co paso do tempo se converteron en cidades e algunhas delas fixéronse tan poderosas que crearon imperios.

Por exemplo, no imperio exipcio, o río Nilo tiña un carácter sagrado para os seus habitantes e servía de vía de comunicación para transportar persoas e mercancías. Ademais, os principais monumentos, Luxor, Karnak, Abú Simbel, e as sucesivas capitais de Exipto, como Menfis, Tebas e Alexandría, sempre estiveron preto do río Nilo.

-

Pedir aos alumnos que observen o mapa de Galicia da páxina 118. Despois, indicarlles que identifiquen o río máis longo e o que cren eles que é o máis importante.

Para axudarlles a localizar o río máis importante, sinalar que, en xeral, nos mapas utilízanse letras maiúsculas para destacar a información máis relevante.

-

Preguntar na clase se alguén estivo ou viu algún dos ríos que aparecen no mapa. En caso afirmativo, pedirlles que relaten a súa experiencia ou que expliquen o que lembran do río.

-

Colocar no encerado un mapa físico de Galicia que inclúa o relevo e os ríos. Utilizalo para explicar a dirección en que corren os ríos e onde están situados os encoros e as lagoas tendo en conta as formas do relevo.

-

Antes de falar sobre os ríos de Galicia, explicar que un afluente é un regato ou río secundario que desemboca nun río máis importante.

-

Preguntar aos alumnos:

-

Por que son curtos os ríos de Galicia?

-

Por que son caudalosos os ríos de Galicia?

-

Por que os ríos de Galicia pertencen á vertente atlántica ou á cantábrica?

-

Pedir aos alumnos que ordenen estes ríos segundo a súa importancia e que sinalen de que ríos son afluentes e cal é o río principal: Avia, Tea, Ladra, Sil, Miño, Neira e Arnoia.

-

Levar á clase noticias sobre o estado dos encoros de Galicia. Isto servirá para que os alumnos comprendan a importancia dos encoros no abastecemento de auga. Ademais, estes textos adoitan incluír gráficos que lles permitirán aos alumnos visualizar mellor a información.

82

Document info
Document views413
Page views413
Page last viewedSun Dec 04 00:03:14 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments