X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 83 / 132

417 views

0 shares

0 downloads

0 comments

83 / 132

Dicir aos alumnos que hoxe en día vemos como algo habitual que sobre o curso dalgúns ríos existan grandes presas que reteñen a auga. Con todo, a construción dunha presa ten as súas vantaxes e os seus inconvenientes, polo que sempre hai posturas a favor ou en contra.

- A favor da presa pódese argumentar que permite a produción de enerxía hidroeléctrica, é dicir, electricidade a partir da forza da auga. E, ademais, unha enerxía limpa, polo que non contamina, e é renovable. As presas tamén se usan como reserva de auga para o consumo das persoas ou a rega dos campos.

- En contra da presa pódese argumentar que os encoros supoñen a inundación de grandes zonas e terreos, polo que se perde a vexetación e a fauna do lugar. Algúns lugares quedan inundados, polo que os seus habitantes teñen que abandonar os seus lugares de orixe forzosamente. A construción da presa pode xerar un novo microclima ao formarse un gran lago, co que a evaporización e a humidade aumentan. Ademais, os sedimentos que transportaba o río e servían de fertilizantes no curso baixo quedan retidos nas presas, polo que o solo se empobrece.

-

Aproveitar os fenómenos como furacáns, tifóns e ciclóns, que adoitan espertar o interese nos alumnos, para introducir a lección das páxinas 120 e 121, O clima e o medio natural. O profesor pode utilizar fotografías ou vídeos que amosen algún destes fenómenos para motivar o estudo desta lección.

-

Preguntar aos alumnos por que cren que é importante a predición do tempo, que actividades económicas o necesitan para planificar o traballo, etc.

-

Levar á aula un globo terráqueo e sinalar onde está o ecuador. Aplicar lateralmente unha luz directa sobre el e facer ver aos alumnos que os raios máis perpendiculares chegan ao ecuador e soben e baixan ata os trópicos. Por último, explicar que nos polos fai tanto frío porque os raios do Sol chegan moi inclinados e quentan moi pouco.

-

Propoñer diferentes situacións para que os alumnos as teñan que resolver. Por exemplo: «Lourenzo planea pasar as vacacións de Semana Santa na costa, nun pobo ao norte de España. Non sabe que roupa levar. Que cres que debería meter na maleta?».

-

Propoñer distintas afirmacións a partir das cales os alumnos deban identificar o concepto de que se trata. Por exemplo:

-

É un clima que se dá no interior de España. Os veráns son calorosos e as chuvias escasas.

-

É un clima que se caracteriza porque non vai nin moito frío nin moito calor durante o ano e porque chove bastante.

83

Document info
Document views417
Page views417
Page last viewedSun Dec 04 06:59:54 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments