X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 84 / 132

406 views

0 shares

0 downloads

0 comments

84 / 132

-

Contar aos alumnos, como dato curioso, que, nos últimos decenios, centos de especies animais desapareceron da Terra pola acción dos seres humanos. A caza indiscriminada para conseguir peles, consumir a súa carne ou obter outras partes do seu corpo que se consideran valiosas, como os cairos, puxeron en perigo a supervivencia de moitos animais.

Por esta razón, hai organizacións especializadas na conservación da natureza que están loitando para impedir que desaparezan do planeta estas especies de animais. Ademais, en moitos países creáronse parques nacionais ou rexionais para salvagardar o hábitat destes seres vivos.

Un dos casos máis singulares é o das tartarugas oliváceas, que estiveron preto da desaparición debido á acción dos cazadores furtivos, que as matan para extraer os seus ovos e vendelos como unha delicia alimenticia.

Desde hai uns anos, o Centro Mexicano da Tartaruga, apoiado por gardas armados, protexe as tartarugas oliváceas, o que permitiu que nazan nas praias do Pacífico e se mergullen no mar sen problemas.

-

Para empezar o desenvolvemento da lección O clima e o medio natural de Galicia, páxinas 122 e 123, animar os alumnos a que describan o clima de Galicia. Preguntar se cren que é unha zona de moita ou pouca altitude, se chove moitos días ou poucos, se os veráns son calorosos ou frescos, se no inverno neva algunha vez. Despois, pedirlles que indiquen que clima, dos estudados na lección anterior, sería o máis característico de Galicia.

-

Se hai oportunidade, visitar un parque ou espazo protexido de Galicia para que os alumnos observen a fauna e flora autóctonas.

-

Sería conveniente repasar as características físicas de Galicia (unidades de relevo e principais ríos) de forma que os alumnos poidan ter unha visión global dos elementos que conforman a paisaxe do seu contorno.

-

Propoñer aos alumnos realizar o mapa da fauna e flora de Galicia. Para iso, debuxar no encerado a silueta do mapa e formular preguntas do tipo: onde podemos encontrar carballos? O alumno que conteste correctamente saíra ao encerado e coloreará a zona en cuestión; e así sucesivamente con outras plantas e animais.

-

Pedir aos alumnos que observen as fotografías da vexetación da páxina 122 e que as describan. Despois, poden relacionalas cos diferentes tipos de clima de Galicia

84

Document info
Document views406
Page views406
Page last viewedSat Dec 03 02:56:31 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments