X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 85 / 132

433 views

0 shares

0 downloads

0 comments

85 / 132

-

Dividir a clase en grupos e pedirlles que debuxen a silueta do mapa de Galicia nunha cartolina. No mapa deberán sinalar, ademais dos principais accidentes xeográficos, montes e ríos, algunha das cidades máis importantes de Galicia. Nun folio aparte, debuxarán e pintarán os símbolos característicos dos mapas do tempo (soles, nubes, intensidade do vento…). Unha vez terminada a actividade, un membro do grupo explicará ao resto da clase o tempo que fará na Comunidade nos dous días seguintes á realización do exercicio. Para iso, poñerá sobre o mapa os símbolos que fagan referencia ás súas prediccións.

-

Unha fonte para a información sobre o clima e o tempo pódese atopar no refraneiro popular, que é o resultado de séculos de experiencia. Hai refráns referente aos meses, como: «Xaneiro, claro e xeadeiro»; «En abril, augas mil e todas caben nun barril»; « Abril chuvioso saca a maio florido e fermoso»; «Por todos os Santos, neve nos altos»… Propoñer aos alumnos elaborar un refraneiro sobre o clima e o tempo.

-

Explicar aos alumnos que, á hora de estudar temas que abundan en características de lugares ou conceptos, unha técnica de aprendizaxe interesante son os esquemas ou organizadores descritivos. Axudan a comprender mellor o texto e a repasar os trazos ou elementos esenciais.

Nun organizador descritivo, o tema vai no centro e as caixas que o rodean conteñen as características que se relacionan directamente con el.

Propoñer aos alumnos que elaboren un esquema descritivo dos climas de Galicia.

Unha vez finalizada a actividade, preguntar aos alumnos por que son útiles os esquemas descritivos e en que temas poden usalos.

-

Se se ten oportunidade, levar os alumnos á aula de informática e propoñerlles que, nun buscador da Internet, escriban Espacios naturales protegidos de España.

Indicarlles que escollan a páxina oficial de Parques Naturais de España (www.parquesnaturales.com) e, logo, que seleccionen Otros espacios.

Alí poderán obter información dos espazos naturais da Comunidade.

Como complemento a esta actividade, o profesor pode suscitarlles escribir un informe sobre algún deses espazos protexidos.

-

Comentar aos alumnos que, así como a lectura dun texto é un medio para informarnos e adquirir coñecementos, o traballo de campo permítenos aprender a «ler» unha paisaxe e analizala. Este é outro xeito de estudar as principais características dun determinado lugar.

Visitar cos alumnos un espazo natural da Comunidade e pedirlles que realicen unha observación en profundidade da paisaxe tendo en conta os coñecementos adquiridos nesta unidade e na anterior.

O traballo de campo consistirá en anotar, nun caderno, os trazos do lugar que consideren máis relevantes. A seguinte guía de preguntas pode servir para orientar o traballo dos alumnos:

85

Document info
Document views433
Page views433
Page last viewedMon Dec 05 18:46:13 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments