X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 86 / 132

439 views

0 shares

0 downloads

0 comments

86 / 132

-

Onde está situado este espazo natural? Está no interior ou na costa?

-

Que tempo vai ese día?

-

Como é o relevo? Hai montañas? Son altas ou baixas? Como están os cumios?

-

Hai algún río preto? Como é? Se hai un guía, pregunta onde nace, onde desemboca e que poboacións importantes atravesa ese río.

-

Hai vexetación? Que detalles observas nela? Recoñeces algunhas plantas? Noméaas.

-

Hai animais? Cales recoñeces?

-

Antes de realizar as actividades do apartado Aprendín das páxinas 126 e 127, recordar cos alumnos as ideas principais que se traballaron na unidade. Se o profesor o considera conveniente, pode ditalas para que as copien nos seus cadernos. Por exemplo:

-

Os ríos son correntes continuas de auga.

-

Nun río podemos distinguir tres elementos: caudal, curso e réxime.

-

Os ríos de España pertencen a tres vertentes hidrográficas: cantábrica, mediterránea e atlántica.

-

Os ríos galegos son curtos, caudalosos e pertencen ás vertentes cantábrica e atlántica.

-

O río máis importante de Galicia é o Miño e o seu afluente o Sil.

-

O tempo é o estado da atmosfera nun lugar e un momento dados. En cambio, o clima é o estado que presenta a atmosfera nun lugar ao longo de moitos anos.

-

O planeta pódese dividir en tres zonas climáticas: cálida, temperada e fría.

-

Os tipos de clima que hai en España son: atlántico, mediterráneo, subtropical e de montaña.

-

Cada clima ten unha vexetación e unha fauna propias.

-

En Galicia dáse o clima atlántico con distintas variedades: atlántico típico, atlántico de interior, case mediterráneo e atlántico de montaña.

-

Propoñer aos alumnos que opinen sobre o traballo realizado na unidade. O profesor pode escribir dúas ou tres preguntas no encerado para que os alumnos as contesten nos seus cadernos. Por exemplo:

-

Que cousas novas aprendestes nesta unidade?

-

Que vos interesou máis? E menos?

-

Sobre que cousas vos gustou afondar máis na unidade?

-

Como podedes aplicar o aprendido a situacións cotiás?

-

Comentar aos alumnos que as fotografías proporciónannos moita información, pois nos permiten apreciar múltiples aspectos dun elemento, unha paisaxe ou un feito. Por iso, sería interesante realizar a seguinte actividade.

-

Organizar unha visita a un xardín botánico ou a un espazo natural da Comunidade e propoñer aos alumnos realizar unha reportaxe fotográfico sobre el.

-

Formar grupos de catro alumnos nos que, polo menos, un dos integrantes ten unha cámara fotográfica.  

-

Asignar a cada grupo un obxectivo: plantas autóctonas, arbustos, árbores, etc.

86

Document info
Document views439
Page views439
Page last viewedMon Dec 05 21:24:20 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments