X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 87 / 132

487 views

0 shares

0 downloads

0 comments

87 / 132

-

Despois da visita, e cando os alumnos teñan as súas fotografías, pedirlles que confeccionen unha revista na que obrigatoriamente deberán incluír: unha cuberta cun título que resuma o tema e unha imaxe ilustrativa e, nas páxinas interiores, as fotografías acompañadas de pequenos textos que describan a imaxe.

-

Suxerirlles que se intercambien as revistas entre eles e que comenten o que máis lles gustou de cada unha delas.

Actividades específicas para o desenvolvemento de hábitos e valores:

Educación ambiental

-

Reflexionar cos alumnos sobre as consecuencias que teñen as accións humanas sobre o medio natural (por exemplo, a contaminación dos ríos). Deben de tomar conciencia da necesidade de alcanzar un equilibrio razoable entre o progreso e o medio natural, e colaborar para a preservación do seu contorno.

-

Seguramente, os alumnos estarán familiarizados co concepto de cambio climático. Pedirlles que opinen sobre como cren que ese cambio está a afectar o clima do noso país (moita máis calor, moito máis frío). A partir das súas opinións, propoñer un debate sobre a contaminación ambiental e as súas posibles solucións.

Educación do consumidor

-

Facer ver aos alumnos a necesidade de facer un consumo responsable da auga. Pedirlles que expliquen o que poden facer eles para aforrar auga.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Diferenza os elementos dun río.

Distingue as características dos ríos segundo a vertente hidrográfica á que pertencen.

Recoñece os ríos máis importantes que atravesan Galicia.

Define tempo e clima.

Diferencia os tipos de clima de España.

Identifica as características do clima, a vexetación e a fauna de Galicia.

Valora a función dos espazos naturais protexidos.

Comprende a necesidade de aforrar auga.

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO

UNIDADE 10: A POBOACIÓN

OBXECTIVOS

87

Document info
Document views487
Page views487
Page last viewedFri Dec 09 21:19:34 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments