X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 9 / 132

472 views

0 shares

0 downloads

0 comments

9 / 132

-

Realizar cos alumnos un comedeiro de paxaros. Con esta actividade os alumnos terán a posibilidade de observar algúns dos costumes destes seres vivos: como se desprazan, como se aliméntanse, como se relacionan entre si…

Materiais:

-

Dous envases de tetra brik baleiros (os do leite poden valer).

-

Unha bandexa de plástico alongada.

-

Tesoira, un trade, cinta adhesiva, cola.

-

Catro anacos de corda dun metro de lonxitude.

-

Alimento para aves.

Procedemento:

1.

Pedir aos alumnos que abran os envases pola parte superior. Despois de lavalos minuciosamente, indicarlles que os deixen secar ao aire e os volvan a pechar con cinta adhesiva.

2.

Animalos a que fagan catro buracos nos extremos da bandexa e que pasen por eles cada un dos anacos de corda.

3.

Fixar co pegamento os envases á bandexa e distribuír o alpiste nos envases e na bandexa.

4.

Pedirlles que colguen o comedeiro na rama dunha árbore e observen durante algúns días os paxaros que se acheguen a el.

-

Antes de realizar as actividades do apartado Aprendín das páxinas 20 e 21, recordar cos alumnos as ideas principais que se traballaron na unidade. Se o profesor o considera conveniente, pode ditalas para que as copien nos seus cadernos. Por exemplo:

-

Na natureza pódense distinguir seres vivos e seres inertes.

-

As funcións vitais son tres: a nutrición, a relación e a reprodución.

-

A célula é a parte máis pequena da que están formados os seres vivos e que está viva.

-

As células teñen tres partes: membrana, núcleo e citoplasma.

-

As células organízanse en tecidos; os tecidos, en órganos; os órganos, en sistemas e aparellos; e os sistemas e aparellos dan lugar a un organismo.

-

Os seres vivos agrúpanse en reinos. Os principais son: o dos animais, o das plantas e o dos fungos.

-

Ao finalizar a unidade realizar unha posta en común cos alumnos sobre o traballo realizado nesta unidade. O profesor pode partir de preguntas similares a estas: Que cousas sabiades xa sobre o tema que estudastes na unidade? Que foi o máis fácil de aprender?, e o máis difícil?, por que? Que cousas vos gustaron máis?, e cales menos?, por que? Podedes relacionar o que aprendestes na unidade con outras estudadas en cursos anteriores ou con algún feito da vida cotiá?, con cales?

-

Escribir en tarxetas de cores os nomes en inglés dalgunhas palabras desta unidade. Por exemplo:

-

célula: cell.

-

organismo: organism.

9

Document info
Document views472
Page views472
Page last viewedFri Dec 09 04:33:45 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments