X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 90 / 132

480 views

0 shares

0 downloads

0 comments

90 / 132

-

Coñecemento do medio 5.

-

Guía didáctica de Coñecemento do medio 5.

-

Fichas 23, 24 e 25 de reforzo.

-

Ficha 10 de ampliación.

-

Ficha 10 de control.

-

Ficha de Avaliación 2.º trimestre.

-

Recursos na rede

-

Instituto Nacional de Estatística.

www.ine.es

Portal no que aparecen todos os datos de poboación de España e das Comunidades Autónomas.

-

A poboación.

http://w3.cnice.mec.es/eos/MaterialesEducativos/primaria/coñecemento/poblacionhumana/index.html

Información e actividades sobre demografía.

-

Actividades con mapas.

-

Galicia.

-

Atlas escolar primaria.

-

Novo dicionario da lingua galega.

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

-

Antes de iniciar a lectura da páxina 129, pedir aos alumnos que observen a ilustración da páxina 128 e respondan á pregunta. Despois, animalos a que describan o lugar no que viven e que indiquen se é un pobo ou unha cidade e por que o saben. Aproveitar as súas opinións para que expliquen as diferenzas que hai entre o campo e a cidade: as casas, a xente, a paisaxe…

-

Tras a lectura da páxina 129, realizar algunhas preguntas de compresión:

-

Para o neno da lectura, cales son as vantaxes que ten vivir nunha cidade?

-

E que inconvenientes?

-

Por que se anoxou o neno cando lle comunicaron que ían vivir para a cidade?

-

Por que son distintas as relacións entre as persoas que viven nunha aldea e as que viven nunha cidade?

-

Suscitar os alumnos a seguinte cuestión: «O neno relata que ten compañeiros doutros países. A estas persoas denomínaas inmigrantes. É tamén o neno un inmigrante?, por que?». Pedir que razoen as súas respostas.

-

Este texto trata sobre os movementos migratorios do campo á cidade, pero, hoxe en día, tamén se produce o efecto contrario: persoas da cidade que buscan alternativas laborais e de vida nas vilas e aldeas. Comentar cos alumnos esta situación e reflexionar con eles sobre os motivos que poden ter estas persoas para establecerse nas vilas e aldeas.

90

Document info
Document views480
Page views480
Page last viewedFri Dec 09 14:03:08 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments