X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 91 / 132

437 views

0 shares

0 downloads

0 comments

91 / 132

-

Aproveitar as actividades do grupo para fomentar as habilidades de traballo en equipo. Os debates permiten expresar opinións, pero teñen regras que hai que cumprir. Por iso, hai que escoitar as achegas dos demais, comprender as reaccións dos outros e traballar con criterios de colaboración, o que nos permitirá resolver os conflitos de maneira respectuosa e civilizada.

-

Outra forma de empezar esta unidade é mostrar fotografías de distintos tipos de persoas: meniños, anciáns, adultos, mozos, nenos, mulleres e homes de distintas razas… Iniciar o tema da unidade pedindo alumnos voluntarios que deberán clasificar as fotografías por sexo e por idade. Logo, explicar que unha forma de estudar as poboacións é organizándoas por sexo e por idade.

-

A partir desas mesmas fotografías, o profesor pode propoñer aos alumnos que escriban unha historia sobre o que lles suxire unha das persoas que aparece nelas. Por exemplo, elixir unha fotografía dunha muller con trazos latinos e comentar: «Ela chegou a España hai pouco tempo. Procede dun país de América do Sur e veu a España porque aquí hai máis posibilidades de atopar un traballo ben remunerado». Esta actividade pode servir para introducir o tema das migracións e para reflexionar sobre a riqueza (cultural, económica…) que nos achegan ás persoas que veñen doutros países.

-

Outra forma de iniciar a unidade é partindo da propia experiencia dos alumnos. Preguntar se algún deles chegou doutros sitios, tanto de España coma do estranxeiro. Pedirlles que conten a súa experiencia: de onde veñen, por que se mudaron, se volven de cando en vez ao seu lugar de orixe, que é o que máis lles gusta do lugar no que viven, que é o que menos, etc.

-

En moitas cidades hai museos municipais nos que se mostra a historia da localidade. Para empezar o desenvolvemento da lección A poboación, (páxinas 130 e 131), e si se ten oportunidade, concertar unha visita cos responsables do museo e levar os alumnos para que coñezan o pasado e o presente da cidade en que viven.

-

O profesor pode iniciar a unidade suscitando aos alumnos cuestións como estas: Como é a poboación de Galicia? Está pouco ou moi poboada? Onde vive a maior parte da poboación: en cidades, en vilas ou en aldeas? Cales son as principais cidades?

-

Para introducir o traballo sobre a estrutura da poboación (epígrafe 5 da páxina 131), propoñer realizar un censo da clase. No encerado, escribir o número total de alumnos, e, por separado, cantas mozas e mozos hai. A partir destes datos, explicar o concepto de poboación absoluta e describir a estrutura da poboación da clase segundo o sexo. Se é posible, realizar este censo coas demais aulas de quinto para ter máis variedade de datos e poder comparalos.

91

Document info
Document views437
Page views437
Page last viewedMon Dec 05 20:57:31 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments