X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 92 / 132

459 views

0 shares

0 downloads

0 comments

92 / 132

-

Pedir aos alumnos que observen as fotografías da aldea e mais da cidade da páxina 131. Preguntar: Cal dos dous sitios ten máis poboación? Cal dos dous estará máis densamente poboado? Por que? Cal terá un crecemento natural positivo? Por que? En cal predomina a poboación anciá?

-

Ler estas definicións e pedir aos alumnos que digan o concepto de que se trata.

-

Número de persoas que viven nun territorio.

-

Cantidade de habitantes que vive en cada quilómetro cadrado.

-

Poboación que habita nas aldeas.

-

Practicar a fórmula da densidade de poboación cos alumnos. Para iso pódeselles dar os datos da poboación e do territorio dalgunhas Comunidades Autónomas e pedirlles que calculen a súa densidade.

-

Explicar aos alumnos que os seres humanos estendémonos por todos os recunchos do planeta, pero existen grandes diferenzas de poboación entre os continentes, os países e as cidades.

Asia é o continente máis grande e nel viven máis de 3.800 millóns de persoas. Deste número, máis da metade habitan en China, con 1.500 millóns, e na India con máis de 1.000 millóns de persoas. En cambio, Oceanía é o continente con menos poboación, ao redor de 32 millóns de habitantes.

A densidade de poboación é sorprendente. Así, o país máis densamente poboado do mundo é un dos máis pequenos: Mónaco, que alcanza os 16.486 habitantes/km2, mentres que o menos densamente poboado é Mongolia, en Asia, con apenas 1,7 habitantes/km2. En canto ás cidades, as máis poboadas son: México D. F., Bombai e Nova York, con 18 millóns de persoas; Río de Xaneiro, con 15 millóns de persoas; e Toquio e O Cairo, con 12 millóns de persoas.

-

Se hai oportunidade, invitar unha persoa inmigrante á clase para que explique os motivos do seu cambio de residencia. Se é un inmigrante interno, pedirlle que conte se vén dunha aldea ou dunha cidade e outros datos que se poidan asociar ás nocións básicas de poboación. Se é un inmigrante internacional: de que país vén, como é ese país e a súa xente, se aquí traballa ou estuda, se veu só ou coa súa familia, se se sente ben acollido ou non…

-

Explicar aos alumnos que unha mesma persoa pode ser inmigrante e emigrante á vez.

-

A propósito da fotografía do campo de refuxiados da páxina 132, explicar que a maioría das migracións ten un carácter forzoso, pois estas obedecen a motivos económicos ou políticos.

-

Se o profesor o cre conveniente, tras a lectura do texto das páxinas 132 e 133, preguntar:

-

Por que o éxodo rural é unha migración interna?

92

Document info
Document views459
Page views459
Page last viewedThu Dec 08 00:43:11 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments