X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 93 / 132

418 views

0 shares

0 downloads

0 comments

93 / 132

-

Se un español emigra a un país da Unión Europea, realiza unha migración interna ou externa?

-

Ler as seguintes afirmacións e pedir aos alumnos que digan se son falsas ou verdadeiras.

-

España recibe moitos inmigrantes.

-

A poboación de España repártese uniformemente.

-

Barcelona e Madrid teñen máis dun millón de habitantes.

-

Propoñer aos alumnos que investiguen a procedencia da súa familia: dos seus pais e avós paternos e maternos. Logo, cada un pode confeccionar unha árbore xenealóxica onde conste de onde procede cada un e algo característico dese lugar.

-

Explicar aos alumnos que moitos dos fenómenos relacionados coa poboación están motivados por máis dunha causa que, á súa vez, producen diversas consecuencias. Por iso, á hora de estudar estes temas, é moi útil realizar esquemas nos que se poidan observar á vez as causas, dun fenómeno dado, e os seus efectos. Esta técnica de estudo denomínase Esquemas de causas e efectos.

Para ensinar aos alumnos a elaborar este tipo de esquemas, o profesor pode utilizar as causas do éxodo rural.

1.

Pedir aos alumnos que lean novamente o apartado sobre migracións internas da páxina 132 e subliñen as causas do éxodo rural.

2.

Copiar no encerado o esquema de causas e pedir aos alumnos que completen o esquema dos efectos do éxodo rural. Quedaría así:

Esquema de causas

Menos postos de traballo nos labores do campo

Éxodo rural

A cidade ofrece máis e mellores oportunidades de estudo e traballo

Esquema de efectos

Efecto 1

Feito ou fenómeno

Efecto 2

Efecto 3

93

Document info
Document views418
Page views418
Page last viewedSun Dec 04 10:48:34 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments