X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 94 / 132

484 views

0 shares

0 downloads

0 comments

94 / 132

Tras a realización do esquema de causas e efectos, preguntar aos alumnos: Que vos pareceu esta técnica?, é fácil aplicala? Cales son as súas vantaxes?

-

Para introducir a lección das páxinas 134 e 135 levar á clase fotografías de distintas localidades de Galicia. Por exemplo, unha da capital ou dunha cidade moi poboada, outra dunha vila e unha dunha aldea. Guíe a observación das imaxes facendo preguntas como: Estas localidades teñen a mesma densidade de poboación?, en cal delas crecerá máis a poboación?, por que?, en cal delas vivirá máis xente nova?, e anciá?...

-

Para exemplificar a densidade de poboación das cidades principais, pode preguntarlles aos alumnos por que cren que nestes sitios hai moitos edificios de pisos. Que pasaría se nestas grandes cidades houbese casas baixas, coma nas aldeas? Podería vivir a mesma cantidade de xente ca nos edificios altos?

-

Para que os alumnos comprendan mellor o concepto de cidade, vila e aldea observe as fotos que levou á clase. Explique que unha vila é unha entidade de poboación máis pequena ca a cidade e máis grande ca a aldea, que en Galicia adoita ter un núcleo urbano e ser o centro económico e administrativo dun concello ou dunha comarca.

-

Pedir aos alumnos que observen o mapa da densidade de poboación de Galicia da páxina 134 e que citen tres lugares moi densamente poboados e tres onde a densidade de poboación é moi baixa. Despois, preguntar: Que consecuencias ten que un lugar estea densamente poboado? A densidade da poboación de Galicia, é superior ou inferior á de España? O colexio, está nunha zona moi densamente poboada ou non?

-

Analizar cos alumnos a pirámide de poboación de Galicia que se inclúe na páxina 135. Guiar a súa observación con preguntas como: Nacen máis nenos ou máis nenas? Hai diferenzas entre o número de mulleres e de homes nalgún dos grupos de idade?, en cales? Vendo a pirámide, a poboación de Galicia é nova ou é anciá?, por que?

-

Escribir no encerado datos sobre a evolución da poboación de Galicia e pedir aos alumnos que confeccionen un gráfico de barras con eles. Como modelo, poden observar o do crecemento da poboación española da páxina 130.

-

Contar aos alumnos que a poboación é cada vez máis urbana e as cidades do mundo non paran de medrar. A xente instálase nelas coa esperanza de ter máis e mellores oportunidades. Pero este crecemento desmesurado da poboación das urbes implica numerosos retos diarios que son difíciles de solucionar. Por exemplo:

-

A contaminación do aire que causan os transportes e as industrias fai que aumenten as enfermidades respiratorias.

-

A cantidade de residuos (lixo) que xeran as persoas non para de aumentar. Ademais, moitas veces non se tratan adecuadamente, o que pode xerar enfermidades ou intoxicacións.

94

Document info
Document views484
Page views484
Page last viewedFri Dec 09 16:56:05 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments