X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 95 / 132

510 views

0 shares

0 downloads

0 comments

95 / 132

-

O rápido crecemento das cidades impediu que se organicen as infraestruturas necesarias para que os seres humanos vivan dignamente. Así, en moitas ocasións, hai falta de vivendas, existen zonas sen auga corrente, luz, etc.

-

Os coches, a calefacción, a iluminación eléctrica, producen calor, o que eleva a temperatura da cidade e modifica o clima do lugar.

-

O crecemento das cidades esixe a urbanización constante de novas zonas, o que produce a destrución de áreas de interese natural.

-

Pedir aos alumnos que elixan un municipio de Galicia, e que investiguen sobre a súa poboación e realicen un informe. Os pasos poden ser os seguintes:

1.

Elixir o municipio e identificar os datos que se buscan (número de habitantes, estrutura por sexo, por idade, inmigración, densidade, etc.).

2.

Localizar a información. A busca, a poder ser realizala chamando ou achegándose ao concello do municipio ou na Internet, na páxina web do Instituto Galego de Estatística (http://ige.xunta.es/ga/index.htm).

3.

Seleccionar os datos máis relevantes para o informe e completalo con outros. Por exemplo: con gráficos de barras, pirámides de poboación, fotografías… Así mesmo, sería interesante incluír información sobre a historia, as festas ou os costumes dese municipio.

4.

Redactar o informe. Hai que poñer un título e ordenar os datos. Ademais, é importante coidar a caligrafía, a ortografía e a presentación.

-

Antes de realizar as actividades do apartado Aprendín das páxinas 138 e 139, lembrar cos alumnos as ideas principais que se traballaron na unidade. Se o profesor o considera conveniente, pode ditalas para que as copien nos seus cadernos. Por exemplo:

-

A poboación é o número de persoas que viven nun territorio. Pode ser urbana e rural.

-

O crecemento natural dunha poboación pode ser positivo ou negativo.

-

A densidade de poboación é a cantidade de habitantes que vive en cada quilómetro cadrado dun territorio.

-

A poboación pode dividirse en función do sexo, homes e mulleres e a idade dos habitantes, poboación nova, adulta ou anciá.

-

As migracións son desprazamentos de poboación que supoñen un cambio de residencia. Poden ser internas e externas. As súas causas poden ser naturais ou sociais.

-

España ten máis de 44 millóns de habitantes e o número de inmigrantes creceu moito. A densidade de poboación é baixa e a poboación repártese de xeito desigual.

-

Galicia ten máis de 2 millóns setecentos mil habitantes. Ten unha densidade de poboación media, con densidade alta na costa e densidade baixa no interior. O crecemento natural é negativo, é dicir, prodúcese un menor número de nacementos ca de mortes. Hai máis mulleres ca homes e a maioría dos habitantes pertence á poboación adulta.

95

Document info
Document views510
Page views510
Page last viewedSun Dec 11 10:26:26 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments