X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 96 / 132

445 views

0 shares

0 downloads

0 comments

96 / 132

-

Propoñer unha posta en común sobre o traballo realizado na unidade. O profesor pode partir de preguntas como estas: Que cousas sabiades sobre a poboación antes de iniciar a unidade? Que cousas novas aprendestes? Que contido foi o máis difícil de comprender? E o máis fácil? Para que actividades pode ser útil coñecer os datos de poboación dunha localidade?

-

Completar a actividade do censo das distintas clases de 5.º de Primaria, realizado ao comezo da unidade, para comprobar o grao de asimilación dos conceptos estudados. O obxectivo, neste caso, sería comprobar se a poboación da clase reflicte ou non os trazos xerais da poboación da Comunidade. Os alumnos poderían completar unha ficha como a que se inclúe a continuación.

Unha vez elaborado o censo, os alumnos poden poñelos en relación cos datos de poboación da propia Comunidade e observar se hai diferenzas ou semellanzas.

Curso: 5.º de Primaria.

Poboación absoluta: _________________________________________________

Poboación inmigrante: _______________________________________________

  – Inmigrantes interiores: ______________________________________________

  – Inmigrantes exteriores: ______________________________________________

Distribución da poboación: (onde vive a maioría): __________________________

Estrutura da poboación:

  – Por sexos: nenos: ___________________; nenas: ________________________

  – Por idade: 10 anos: __________________; 11 anos: ______________________

Actividades específicas para o desenvolvemento de hábitos e valores:

Educación para a paz

-

Explicar que os inmigrantes veñen coa súa cultura, a súa relixión e as súas tradicións. Respectalas é indispensable para a convivencia. Aceptalas, valoralas na súa diversidade e aprender a compartilas supón unha gran riqueza para todos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Explica os conceptos de poboación absoluta, crecemento natural e densidade de poboación.

Explica a diferenza entre poboación urbana e poboación rural.

Describe como se estrutura a poboación segundo o sexo e a idade.

Diferencia entre inmigrante e emigrante e distingue os tipos de migracións.

Sabe o que son os movementos de poboación e analiza as causas das migracións.

Describe como é a poboación de España e de Galicia.

Interpreta fotografías, mapas, esquemas e gráficos.

Valora a riqueza que achega a diversidade cultural.

96

Document info
Document views445
Page views445
Page last viewedTue Dec 06 18:18:51 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments